• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

10 Tempo ordinario – C (Lucas 7,11-17)

Evangelio del 05/Jun/2016
Publicado el 30/ May/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

10-TOO SUFRIMENTO TEN DE SER TOMADO EN SERIO

Xesús chega a Naín cando na pequena aldea se está a vivir un feito moi triste. Xesús vén do camiño, acompañado dos seus discípulos e dun grande xentío. Da aldea sae un cortexo fúnebre camiño do cemiterio. Unha nai viúva, acompañada polos seus veciños, leva, para enterrar, ao seu único fillo.

En poucas palabras, Lucas describiunos a tráxica situación da muller. É unha viúva, sen esposo que a coide e protexa naquela sociedade controlada polos varóns. Quedáballe só un fillo, pero tamén este acaba de morrer. A muller non di nada. Só chora a súa dor. Que vai ser dela?
O encontro foi inesperado. Xesús viña anunciar tamén en Naín a Boa Noticia de Deus. Cal será a súa reacción? Segundo o relato, «o Señor mirouna, conmoveuse e díxolle: Non chores». É difícil describir mellor ao Profeta da compaixón de Deus.

Non coñece á muller, pero míraa detidamente. Capta a súa dor e soidade, e conmóvese ata as entrañas. O abatimiento daquela muller chégalle ata dentro. A súa reacción é inmediata: «Non chores». Xesús non pode ver a ninguén chorando. Necesita intervir.

Non o pensa dúas veces. Achégase ao féretro, detén o enterro e di ao morto: «Mozo, a ti cho digo, érguete». Cando o rapaz se reincorpora e comeza a falar, Xesús «entrégallo á súa nai» para que deixe de chorar. De novo están xuntos. A nai xa non estará soa.

Todo parece sinxelo. O relato non insiste no aspecto prodixioso do que acaba de facer Xesús. Invita aos seus lectores a que vexan nel a revelación de Deus como Misterio de compaixón e Forza de vida, capaz de salvar ata da morte. É a compaixón de Deus a que fai a Xesús tan sensíbel ao sufrimento da xente.

Na Igrexa habemos recuperar canto antes a compaixón como o estilo de vida propio dos seguidores de Xesús. Habémola rescatar dunha concepción sentimental e moralizante que a desprestixiou. A compaixón que esixe xustiza é o grande mandato de Xesús: «Sede compasivos como o voso Pai é compasivo».

Esta compaixón é hoxe máis necesaria do que nunca. Desde os centros de poder, todo se ten en conta antes que o sufrimento das vítimas. Funciónase coma se non houbese doentes nin perdedores. Desde as comunidades de Xesús tense de escoitar un berro de indignación absoluta: o sufrimento dos inocentes ten de ser tomado en serio; non pode ser aceptado socialmente como algo normal pois é inaceptábel para Deus. El non quere ver a ninguén chorando.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

3º Domingo do Advento – A (Mateus 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3 Avvento – A (Matteo 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3e dimanche de l'Avent – A (Matthieu 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3rd Advent – A (Matt 11,2-11)
08/ Dic/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial