• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

11 Tempo ordinario – A (Mateu 9,36–10,8)

Evangelio del 18 / Jun / 2023
Publicado el 12/ Jun/ 2023
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

INTRODUCIR VIDA NA SOCIEDADE ACTUAL

O reino de Deus non é só unha salvación que comeza logo da morte. É unha irrupción de graza e de vida xa na nosa existencia actual. Aínda máis. O signo máis claro de que o reino está preto é precisamente esta corrente de vida que comeza a abrirse paso na terra. «Ide e proclamade que o reino dos ceos está cerca. Curade doentes, resucitade mortos, limpade leprosos, arredade demos». Hoxe, máis do que nunca, os crentes deberiamos escoitarmos a invitación de Xesús a poñermos nova vida na sociedade.

Estase abrindo un abismo inquietante entre o progreso técnico e o noso desenvolvemento espiritual. Diríase que o home non ten forza espiritual para animar e dar sentido ao seu incesante progreso. Os resultados son palpábeis. A moitos véselles empobrecidos polo seu diñeiro e polas cousas que creen posuír. O cansazo da vida e o aburrimento apodéranse de moitos. A «contaminación interior» está a luxar o mellor de non poucas persoas. Hai homes e mulleres que viven perdidos, sen poder atoparen un sentido á súa vida. Hai persoas que viven correndo, mergulladas nunha nerviosa e intensa actividade, baleirándose por dentro, sen saberen exactamente o que queren.

Non estamos de novo ante homes e mulleres «doentes» que necesitan ser curados, «mortos» que necesitan resurrección, «posuídos» que esperan ser liberados de tantos demos que lles impiden viviren coma seres humanos? Hai persoas que, no fondo, queren volver a viviren. Queren curarse e resucitar. Volver rir e gozar da vida, enfrontarse a cada día con alegría.

E só hai un camiño: aprender a amar. E aprender de novo cousas que esixe o amor e que non están moi de moda: sinxeleza, acollida, amizade, solidariedade, atención gratuíta ao outro, fidelidade… Entre nós segue a faltar o amor. Alguén o ten que espertar. Aos homes de hoxe non os van a salvar nin o confort, nin a electrónica, senón o amor. Se en nós hai capacidade de amar, témola de contaxiar. Déusenos gratis e gratis temos de regalala, de moitos xeitos, a quen atopemos no noso camiño.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial