• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

15 Tempo Ordinario – B (Marcos 6,7-13)

Evangelio del 12/07/15
Publicado el 06/ Jul/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

15-852850PARA UN EXAME COLECTIVO

Xesús non envía aos seus discípulos de calquera xeito. Para colaborar no seu proxecto do reino de Deus e prolongar a súa misión é necesario coidar un estilo de vida. Se non é así, poderán facer moitas cousas, pero non introducirán no mundo o seu espírito. Marcos recórdanos algunhas recomendacións de Xesús. Destacamos algunhas.

En primeiro lugar, quen son eles para actuar en nome de Xesús? Cal é a súa autoridade? Segundo Marcos, ao envialos, Xesús «dálles autoridade sobre os espíritos inmundos». Non lles dá poder sobre as persoas que irán atopando no seu camiño. Tampouco el utilizou o seu poder para gobernar senón para curar.

Coma sempre, Xesús está pensando nun mundo máis san, liberado das forzas malignas que escravizan e deshumanizan ao ser humano. Os seus discípulos introducirán entre as xentes a súa forza sandadora. Abriranse paso na sociedade, non utilizando un poder sobre as persoas, senón humanizando a vida, aliviando o sufrimento das xentes, facendo crecer a liberdade e a fraternidade.

Levarán só «bastón» e «sandalias». Xesús imaxínaos como camiñantes. Nunca instalados. Sempre de camiño. Non atados a nada nin a ninguén. Só co imprescindíbel. Con esa axilidade que tiña Xesús para facerse presente alí onde alguén o necesitaba. O báculo de Xesús non é para mandar, senón para camiñar.

Non levarán «nin pan, nin alforxa, nin diñeiro». Non han viviren obsesionados pola súa propia seguridade. Levan consigo algo máis importante: o Espírito de Xesús, a súa Palabra e a súa Autoridade para humanizar a vida das xentes. Curiosamente, Xesús non está pensando no que han levar para seren eficaces, senón no que non han de levar. Non sexa que un día se esquezan dos pobres e vivan encerrados no seu propio benestar.

Tampouco levarán «túnica de reposto». Vestirán coa sinxeleza dos pobres. Non levarán vestiduras sagradas coma os sacerdotes do Templo. Tampouco vestirán como o Bautista na soidade do deserto. Serán profetas no medio da xente. A súa vida será signo da proximidade de Deus a todos, sobre todo, aos máis necesitados.

Atreverémonos algún día a facer no seo da Igrexa un exame colectivo para deixármonos iluminar por Xesús e vermos como nos imos afastando, sen dármonos case conta, do seu espírito?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

La señal de los cristianos
15/ Abr/ 2021
"Caminantes, en camino" - Grupo "Volver"
14/ Abr/ 2021
3 Pascoa – B (Lucas 24,35-48)
12/ Abr/ 2021
3 Pasqua – B (Luca 24,35-48)
12/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar