• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

19 Tempo ordinario – C (Lucas 12,32-48)

Evangelio del 07/Ago/2016
Publicado el 01/ Ago/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

19-TONECESITÁMOLOS MÁIS QUE NUNCA

As primeiras xeracións cristiás víronse ben axiña obrigadas a proporse unha cuestión decisiva. A vinda de Cristo resucitado atrasábase máis do que pensaran nun comezo. A espera facíaselles longa. Como manteren viva a esperanza? Como non caer na frustración, o cansazo ou o desalento?

Nos evanxeos atopamos diversas exhortacións, parábolas e chamadas que só teñen un obxectivo: manter viva a responsabilidade das comunidades cristiás. Unha das chamadas máis coñecidas di así: «Tende cinguida a cintura e acendidas as lámpadas». Que sentido poden ter estas palabras para nós, logo de vinte séculos de cristianismo?

As dúas imaxes son moi expresivas. Indican a actitude que han ter os criados que están esperando de noite a que regrese o seu señor, para abrirlle o portón da casa en canto chame. Han estar «coa cintura cinguida», é dicir, coa túnica arremangada para poderen moverse e actuaren con axilidade. Han estar «coas lámpadas acesas» para ter a casa iluminada e mantérense espertos.

Estas palabras de Xesús son tamén hoxe unha chamada a vivirmos con lucidez e responsabilidade, sen caermos na pasividade ou o letargo. Na historia da Igrexa hai momentos nos que se fai de noite. Con todo, non é a hora de apagar as luces e botármonos a durmir. É a hora de reaccionar, espertar a nosa fe e seguirmos camiñando cara ao futuro, tamén nunha Igrexa vella e cansa.

Un dos atrancos máis importantes para impulsar a transformación que necesita hoxe a Igrexa é a pasividade xeralizada dos cristiáns. Desgraciadamente, durante moitos séculos educámolos, sobre todo, para a submisión e a pasividade. Aínda hoxe, ás veces, parece que non os necesitamos para pensar, proxectar e promover camiños novos de fidelidade cara a Xesús Cristo.

Por iso, habemos valorar, coidar e agradecer tanto o espertar dunha nova conciencia en moitos laicos e laicas que viven hoxe a súa adhesión a Cristo e a súa pertenza á Igrexa dun modo lúcido e responsábel. É, sen dúbida, un dos froitos máis valiosos do Vaticano II, primeiro concilio que se ocupou directa e explicitamente deles.

Estes crentes poden ser hoxe o fermento dunhas parroquias e comunidades renovadas en torno ao seguimento fiel a Xesús. Son o meirande potencial do cristianismo. Necesitámolos máis do que nunca para construír unha Igrexa aberta aos problemas do mundo actual, e próxima aos homes e mulleres de hoxe.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial