• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

2 Advento – C (Lucas 3,1-6)

Evangelio del 5 / Dic / 2021
Publicado el 29/ Nov/ 2021
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

DE OÍDAS

Hai persoas que máis que creren en Deus cren naqueles que falan del. Só coñecen a Deus «de oídas». Fáltalles experiencia persoal. Asisten talvez ás celebracións relixiosas, pero nunca abren o seu corazón a Deus. Xamais se deteñen a percibiren a presenza del no interior do seu ser.

É un fenómeno frecuente: vivimos xirando en torno a nós mesmos, pero fóra de nós; traballamos e gozamos, amamos e sufrimos, vivimos e envellecemos, pero a nosa vida transcorre sen misterio e sen horizonte último.

Incluso os que nos dicimos crentes non sabemos moitas veces «estar ante Deus». Fáisenos difícil recoñecérmonos como seres fráxiles, pero amados infinitamente por el. Non sabemos admirar a súa grandeza insondábel nin gustar a súa presenza próxima. Non sabemos invocar nin loar.

Que pena dá ver como se discute de Deus en certos programas de televisión. Fálase «de oídas». Debater o que non se coñece. Os invitados acalóranse falando do papa, pero a ninguén se lle oe falar con un pouco de fondura dese Misterio que os crentes chamamos «Deus».

Para descubrirmos a Deus non serven as discusións sobre relixión nin os argumentos doutros. Cada un ha facer o seu propio percorrido e vivir a súa propia experiencia. Non abonda con criticarmos a relixión nos seus aspectos máis deformados. É necesario buscarmos persoalmente o rostro de Deus. Abrirlle camiños na nosa propia vida.

Cando durante anos se viviu a relixión coma un deber ou como un peso, só esta experiencia persoal pode desbloquear o camiño cara a Deus: podermos comprobar, aínda que só sexa de forma xerminal e humilde, que é bo crer, que Deus fai ben.

Este encontro con Deus non sempre é fácil. O importante é buscar. Non pechar ningunha porta; non desprezar ningunha chamada. Seguir buscando, talvez desde o último resto das nosas forzas. Moitas veces, o único que podemos ofrecer a Deus é o noso desexo de atopármonos con el.

Deus non se esconde dos que o buscan e preguntan por el. Tarde ou cedo recibimos a súa «visita» inconfundíbel. Entón todo cambia. Criámolo afastado, e está pertiño. Sentiámolo ameazador, e é o mellor amigo. Podemos dicir as mesmas palabras que Xobe: «Ata agora falaba de ti de oídas; agora víronte os meus ollos».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

6 Páscoa – C (João 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pascua – C (Juan 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pasqua – C (Giovanni 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pâques – C (Jean 14,23-29)
19/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial