• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

2 Coresma – C (Lucas 9,28-36)

Evangelio del 21/feb/2016
Publicado el 15/ Feb/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

2-CUARESCOITAR SÓ A XESÚS

A escena é considerada tradicionalmente como «a transfiguración de Xesús». Non é posíbel reconstruír con certeza a experiencia que deu orixe a este sorprendente relato, só sabemos que os evanxelistas lle dan grande importancia pois, segundo o seu relato, é unha experiencia que deixa entrever algo da verdadeira identidade de Xesús.

Nun primeiro momento, o relato destaca a transformación do seu rostro e, aínda que veñen conversar con el Moisés e Elías, talvez como representantes da lei e os profetas respectivamente, só o rostro de Xesús permanece transfigurado e resplandecente no centro da escena.

Ao parecer, os discípulos non captan o contido profundo do que están a vivir, xa que Pedro lle di a Xesús: «Mestre, que ben se está aquí. Faremos tres tendas: unha para ti, outra para Moisés e outra para Elías». Coloca a Xesús no mesmo plano e ao mesmo nivel do que aos dous grandes personaxes bíblicos. Para cadanseu a súa tenda. Xesús aínda non ocupa un lugar central e absoluto no seu corazón.

A voz de Deus vaino corrixir, revelando a verdadeira identidade de Xesús: «Este é o meu Fillo, o escolleito», o que ten o rostro transfigurado. Non ha ser confundido cos de Moisés ou Elías, que están apagados. «Escoitádeo a el». A ninguén máis. A súa Palabra é a única decisiva. As demais hannos levar ata el.

É urxente recuperarmos na Igrexa actual a importancia decisiva que tivo nos seus comezos a experiencia de escoitaren no seo das comunidades cristiás o relato de Xesús recolleito nos evanxeos. Estes catro escritos constitúen para os cristiáns unha obra única que non podemos equiparar ao resto dos libros bíblicos.

Hai algo que só neles podemos atopar: o impacto causado por Xesús aos primeiros que se sentiron atraídos por el e o seguiron. Os evanxeos non son libros didácticos que expoñen doutrina académica sobre Xesús. Tampouco biografías redactadas para informaren con detalle sobre a súa traxectoria histórica. Son «relatos de conversión» que invitan ao cambio, ao seguimento de Xesús e á identificación co seu proxecto.

Por iso piden ser escoitados en actitude de conversión. E nesa actitude teñen de ser lidos, predicados, meditados e gardados no corazón de cada crente e de cada comunidade. Unha comunidade cristiá que sabe escoitar cada domingo o relato evanxélico de Xesús en actitude de conversión, comeza a transformarse. Non ten a Igrexa un potencial máis vigoroso de renovación que o que se encerra nestes catro pequenos libros.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 40 de Grupos de Jesús
20/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinário – A (Mateus 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinario – A (Matteo 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Temps ordinaire – A (Matthieu 20,1-16)
18/ Sep/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial