• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

2 Tempo ordinario – A (Xoán 1,29-34)

Evangelio del 15 / Ene / 2017
Publicado el 09/ Ene/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

09-02-to-aCO LUME DO ESPÍRITO

As primeiras comunidades cristiás preocupáronse por diferenciaren ben o bautismo de Xoán, que mergullaba as xentes nas augas do Xordán, e o bautismo de Xesús, que comunicaba o seu Espírito para limpar, renovar e transformar o corazón dos seus seguidores. Sen ese Espírito de Xesús, a Igrexa apágase e extínguese.

Só o Espírito de Xesús pode poñer máis verdade no cristianismo actual. Só o seu Espírito nos pode conducir a recuperarmos a nosa verdadeira identidade, abandonando camiños que nos desvían unha e outra vez do Evanxeo. Só ese Espírito nos pode dar luz e forza para emprendermos a renovación que necesita hoxe a Igrexa.

O papa Francisco sabe moi ben que o maior obstáculo para pór en marcha unha nova etapa evanxelizadora é o da mediocridade espiritual. Dío de xeito rotundo. Desexa alentar con todas as súas forzas unha etapa «máis ardente, alegre, xenerosa, audaz, chea de amor ata o fin, e de vida contaxiosa». Pero todo será insuficiente «se non arde nos corazóns o lume do Espírito».

Por iso busca para a Igrexa de hoxe «evanxelizadores con Espírito» que se abran sen medo á súa acción e atopen nese Espírito Santo de Xesús «a forza para anunciaren a verdade do Evanxeo con audacia, en voz alta e en todo tempo e lugar, ata a contracorrente».

Segundo o papa, a renovación que quere impulsar no cristianismo actual non é posíbel «cando a falta dunha espiritualidade profunda se traduce en pesimismo, fatalismo e desconfianza», ou cando nos leva a pensarmos que «nada pode cambiar» e, xa que logo, que «é inútil esforzarse», ou cando baixamos os brazos definitivamente, «dominados por un descontento crónico ou por unha acedía que seca a alma».

Francisco advírtenos que «ás veces perdemos o entusiasmo ao esquecermos que o Evanxeo responde ás necesidades máis profundas das persoas». Con todo non é así. O papa expresa con forza a súa convición: «Non é o mesmo coñecer a Xesús que non coñecelo, non é o mesmo camiñar con el do que camiñar ás apalpadelas, non é o mesmo poder escoitalo ca ignorar a súa Palabra […] non é o mesmo tratar de construír o mundo co seu Evanxeo que facelo só coa propia razón».

Todo isto temos de descubrilo na experiencia persoal de Xesús. Pola contra, di o papa, a quen non o descobre, «axiña lle falta forza e paixón; unha persoa que non está convencida, entusiasmada, segura, namorada, non convence a ninguén». Non estará aquí un dos principais obstáculos para impulsar a renovación querida polo papa Francisco?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

La señal de los cristianos
15/ Abr/ 2021
"Caminantes, en camino" - Grupo "Volver"
14/ Abr/ 2021
3 Pascoa – B (Lucas 24,35-48)
12/ Abr/ 2021
3 Pasqua – B (Luca 24,35-48)
12/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar