• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

20 Tempo ordinario – C (Lucas 12,49-53)

Evangelio del 14/Ago/2015
Publicado el 08/ Ago/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

20-TOPRENDER LUME

Son bastantes os cristiáns que, profundamente arraigados nunha situación de benestar, tenden a considerar o cristianismo como unha relixión que, invariabelmente, debe preocuparse de manter a lei e a orde establecida.

Por iso, resulta tan estraño escoitar da boca de Xesús ditos que convidan, non ao inmobilismo e conservadorismo, senón á transformación profunda e radical da sociedade: «vin a prender lume no mundo e oxalá estivese xa ardendo… Pensades que vin a traer ao mundo paz? Non, senón división».

Non nos resulta fácil ver a Xesús como alguén que trae un lume destinado a destruír tanta mentira, violencia e inxustiza. Un Espírito capaz de transformar o mundo, de xeito radical, aínda a costa de enfrontar e dividir ás persoas.

O crente en Xesús non é unha persoa fatalista que se resigna ante a situación, buscando, por cima de todo, tranquilidade e falsa paz. Non é un inmobilista que xustifica a actual orde de cousas, sen traballar con ánimo creador e solidario por un mundo mellor. Tampouco é un rebelde que, movido polo resentimento, bota abaixo todo para asumir el mesmo o lugar daqueles aos que derribou.

Quen entendeu a Xesús actúa movido pola paixón e aspiración de colaborar nun cambio total. O verdadeiro cristián leva a «revolución» no seu corazón. Unha revolución que non é «golpe de estado», cambio calquera de goberno, insurrección ou substitución política, senón procura dunha sociedade máis xusta.

A orde que, con frecuencia, defendemos, é aínda unha desorde. Porque non logramos dar para comer a todos os famentos, nin garantir os seus dereitos a toda persoa, nin sequera eliminar as guerras ou destruír as armas nucleares.

Necesitamos unha revolución máis profunda que as revolucións económicas. Unha revolución que transforme as conciencias dos homes e dos pobos. H. Marcuse escribía que necesitamos un mundo «no que a competencia, a loita dos individuos uns contra outros, o engano, a crueldade e a masacre xa non teñan razón de ser».

Quen segue a Xesús, vive buscando ardentemente que o lume aceso por el arda cada vez máis neste mundo. Pero, primeiro de nada, esíxese a si mesmo unha transformación radical: «só se lle píde aos cristiáns que sexan auténticos. Esta é verdadeiramente a revolución» (E. Mounier).

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Convocatoria para crear un Grupo Virtual de Jesús-INICIADA
13/ Mar/ 2026
4 Domingo da Quaresma – A (João 9,1-41)
09/ Mar/ 2026
4 Quaresima – A (Giovanni 9,1-41)
09/ Mar/ 2026
4 dimanche de Carême – A (Jean 9,1-41)
09/ Mar/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial