• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

26 Tempo Ordinario – B (Marcos 9,38-43.45.47-48)

Evangelio del 26 / Sept / 2021
Publicado el 20/ Sep/ 2021
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

LOITAMOS POLA MESMA CAUSA

Con frecuencia, os cristiáns non acabamos de superar unha mentalidade de relixión privilexiada que nos impide apreciar todo o ben que se promove en ámbitos afastados da fe. Case inconscientemente tendemos a pensar que somos nós os únicos portadores da verdade, e que o Espírito de Deus só actúa a través de nós.

Unha falsa interpretación da mensaxe de Xesús conduciunos ás veces a identificarmos o reino de Deus coa Igrexa. Segundo esta concepción, o reino de Deus só se realizaría dentro da Igrexa, e crecería e estenderíase na medida en que crece e se estende a Igrexa.

Porén iso non é así. O reino de Deus esténdese máis aló da institución eclesial. Non crece só entre os cristiáns, senón entre todos aqueles homes e mulleres de boa vontade que fan crecer a fraternidade no mundo. Segundo Xesús, todo aquel que «bota diabos no seu nome» está evanxelizando. Todo home, grupo ou partido capaz de «botar diabos» da nosa sociedade e de colaborar na construción dun mundo mellor está, dalgún xeito, abrindo camiño ao reino de Deus.

É fácil que tamén a nós, como aos discípulos, nos pareza que non son dos nosos, porque non entran nas nosas igrexas nin asisten aos nosos cultos. Con todo, segundo Xesús, «o que non está contra de nós está a favor de nós».

Todos os que, dalgún xeito, loitan pola causa do home están connosco. «Secretamente, quizá, pero realmente. Só hai un combate pola xustiza. Por equívoco que sexa o seu transfundo político estará silenciosamente en relación co reino de Deus, aínda que os cristiáns non o queiran saber e recoñecer. Onde se loita polos humillados, os esmagados, os débiles, os abandonados, alí se combate en realidade con Deus polo seu reino, sáibase ou non, el sábeo» (Georges Crespy).

Os cristiáns temos de valorar con gozo todos os logros humanos, grandes ou pequenos, e todos os trunfos da xustiza que se alcanzan no campo político, económico ou social, por modestos que nos poidan parecer. Os políticos que loitan por unha sociedade máis xusta, os xornalistas que se arriscan por defenderen a verdade e a liberdade, os obreiros que logran unha maior solidariedade, os educadores que se desviven por educaren para a responsabilidade, aínda que non parezan sempre ser dos nosos, «están a favor de nós»: están a traballar por un mundo máis humano.

Lonxe de crernos portadores únicos de salvación, os cristiáns habemos acoller con gozo esa corrente de salvación que se abre camiño na historia dos homes, non só na Igrexa, senón tamén xunto dela e máis aló das súas institucións. Deus está actuando no mundo.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

3º Domingo do Advento – A (Mateus 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3 Avvento – A (Matteo 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3e dimanche de l'Avent – A (Matthieu 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3rd Advent – A (Matt 11,2-11)
08/ Dic/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial