• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

28 Tempo ordinario – C (Lucas 17,11-19)

Evangelio del 09/Oct/2016
Publicado el 03/ Oct/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

28-TOCURACIÓN

O episodio é coñecido. Xesús cura dez leprosos enviándoos aos sacerdotes para que os autoricen a volver sans ás súas familias. O relato podía terminar aquí. Ao evanxelista, con todo, interésalle destacar a reacción dun deles.

Unha vez curados, os leprosos desaparecen de escena. Nada sabemos deles. Parece coma se nada se produciu nas súas vidas. Con todo, un deles «ve que está curado» e comprende que algo grande se lle regalou: Deus está na orixe daquela curación. Entusiasmado, volve «encomiando a Deus a grandes gritos» e «dando grazas a Xesús».

Polo xeral, os comentaristas interpretan a súa reacción en clave de agradecimiento: os nove son uns desagradecidos; só o que volveu sabe agradecer. Certamente é o que parece suxerir o relato. Con todo, Xesús non fala de agradecimiento. Di que o samaritano volveu «para dar gloria a Deus». E dar gloria a Deus é moito máis que dicir grazas.

Dentro da pequena historia de cada persoa, probada por enfermidades, doenzas e aflicións, a curación é unha experiencia privilexiada para dar gloria a Deus como Salvador do noso ser. Así di unha soada fórmula de san Ireneo de Lion: «O que a Deus lle dá gloria é un home cheo de vida». Ese corpo curado do leproso é un corpo que canta a gloria de Deus.

Creemos sabelo todo sobre o funcionamento do noso organismo, pero a curación dunha grave enfermidade non deixa de sorprendernos. Sempre é un «misterio» experimentarmos en nós como se recupera a vida, como se reafirman as nosas forzas e como crece a nosa confianza e a nosa liberdade.

Poucas experiencias tan radicais e básicas como a sanación, para experimentar a vitoria fronte ao mal e o triunfo da vida sobre a ameaza da morte. Por iso, ao curarnos, ofrécellenos a posibilidade de acoller de forma renovada a Deus que vén a nós como fundamento do noso ser e fonte de vida nova.

A medicina moderna permite hoxe a moitas persoas viviren o proceso de curación con máis frecuencia que en tempos pasados. Habemos agradecer a quen nos curan, pero a sanación pode ser, ademais, ocasión e estímulo para iniciar unha nova relación con Deus. Podemos pasar da indiferenza á fe, do rexeitamento á acolleita, da dúbida á confianza, do temor ao amor.

Esta acolleita sa de Deus pódenos curar de medos, baleiros e feridas que nos fan dano. Pódenos enraizar na vida de xeito máis saudábel e liberado. Pódenos sandar integralmente.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

4º Domingo do Advento – A (Mateus 1,18-24)
15/ Dic/ 2025
4 Avvento – A (Matteo 1,18-24)
15/ Dic/ 2025
4e dimanche de l'Avent – A (Matthieu 1,18-24)
15/ Dic/ 2025
4th Advent – A (Matt 1,18-24)
15/ Dic/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial