• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

29 Tempo Ordinario – B (Marcos 10,35-45)

Evangelio del 18/oct/2015
Publicado el 12/ Oct/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

29-852865NADA DISO ENTRE NÓS

Camiño de Xerusalén, Xesús vai advertindo aos seus discípulos do destino doloroso que lle espera a el e aos que sigan os seus pasos. A inconsciencia dos que o acompañan é incríbel. Aínda hoxe se segue a repetir.

Santiago e Xoán, os fillos do Zebedeu, sepáranse do grupo e achéganse eles sos a Xesús. Non necesitan dos demais. Queren facerse cos postos máis privilexiados e seren os primeiros no proxecto de Xesús, tal como eles o imaxinan. A súa petición non é unha súplica senón unha ridícula ambición: «Queremos que fagas o que che imos a pedir». Queren que Xesús os poña por encima dos demais. Xesús parece sorprendido. «Non sabedes o que estades a pedir». Non lle entenderon nada.

Con paciencia grande invítaos a que se pregunten se son capaces de compartiren o seu destino doloroso. Cando se decatan do que ocorre, os outros dez discípulos énchense de indignación contra Santiago e Xoán. Tamén eles teñen as mesmas aspiracións. A ambición divídeos e enfróntaos. A procura de honores e protagonismos interesados rompen sempre a comuñón da comunidade cristiá. Tamén hoxe. Que pode haber máis contrario a Xesús e ao seu proxecto de servir á liberación das xentes?

O feito é tan grave que Xesús «reúneos» para deixar claro cal é a actitude que ha caracterizar sempre aos seus seguidores. Coñecen sobradamente como actúan os romanos, «xefes dos pobos» e «grandes» da terra: tiranizan ás xentes, sométenas e fan sentir a todos o peso do seu poder. Pois ben, «vós nada diso».

Entre os seus seguidores, todo ha de ser diferente: «O que queira ser grande, sexa o voso servidor; e o que queira ser primeiro, sexa escravo de todos». A grandeza non se mide polo poder que se ten, o rango que se ocupa ou os títulos que se ostentan. Quen ambiciona estas cousas, na Igrexa de Xesús, non se fai máis grande senón máis insignificante e ridículo. En realidade, é un estorbo para promover o estilo de vida querido polo Crucificado. Fáltalle un trazo básico para ser seguidor de Xesús.

Na Igrexa todos temos de ser servidores. Temos de colocarnos na comunidade cristiá, non desde arriba, desde a superioridade, o poder ou o protagonismo interesado, senón desde abaixo, desde a dispoñibilidade, o servizo e a axuda aos demais. O noso exemplo é Xesús. Non viviu nunca «para ser servido, senón para servir». Este é o mellor e máis admirábel resumo do que foi el: servizo a todos.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Domingo da Páscoa – A (João 14,1-12)
27/ Abr/ 2026
5 Pasqua – A (Giovanni 14,1-12)
27/ Abr/ 2026
5 Pâques – A (Jean 14,1-12)
27/ Abr/ 2026
5th Easter Sunday – A (John 14,1-12)
27/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial