• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

29 Tempo ordinario – C (Lucas 18,1-8)

Evangelio del 16/Oct/2016
Publicado el 10/ Oct/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

29-TOO CLAMOR DOS QUE SOFREN

A parábola da viúva e o xuíz sen escrúpulos é, como tantos outros, un relato aberto que pode suscitar nos oíntes diferentes resonancias. Segundo Lucas, é unha chamada a orar sen desanimarse, pero é tamén unha invitación a confiar en que Deus fará xustiza a quen lle claman día e noite. Que resonancia pode ter hoxe en nós este relato dramático que nos recorda a tantas vítimas abandonadas inxustamente á súa sorte?

Na tradición bíblica a viúva é símbolo por excelencia da persoa que vive soa e desamparada. Esta muller non ten marido nin fillos que a defendan. Non conta con apoios nin recomendacións. Só ten adversarios que abusan dela, e un xuíz sen relixión nin conciencia ao que non lle importa o sufrimento de ninguén.

O que pide a muller non é un capricho. Só reclama xustiza. Esta é a súa protesta repetida con firmeza ante o xuíz: «Faime xustiza». A súa petición é a de todos os oprimidos inxustamente. Un grito que está na liña do que dicía Xesús aos seus: «Buscade o reino de Deus e a súa xustiza».

É certo que Deus ten a última palabra e fará xustiza aos que lle gritan día e noite. Esta é a esperanza que acendeu en nós Cristo, resucitado polo Pai dunha morte inxusta. Pero, mentres chega esa hora, o clamor dos que viven berrando sen que ninguén escoite o seu grito, non cesa.

Para unha grande maioría da humanidade a vida é unha interminábel noite de espera. As relixións predican salvación. O cristianismo proclama a vitoria do Amor de Deus encarnado en Xesús crucificado. Mentres tanto, millóns de seres humanos só experimentan a dureza dos seus irmáns e o silencio de Deus. E, moitas veces, somos os mesmos crentes quen ocultamos o seu rostro de Pai velándoo co noso egoísmo relixioso.

Por que a nosa comunicación con Deus non nos fai escoitar por fin o clamor dos que sofren inxustamente e grítannos de mil formas: «Facédenos xustiza»? Se, ao orar, nos atopamos de verdade con Deus, como non somos capaces de escoitar con máis forza as esixencias de xustiza que chegan ata o seu corazón de Pai?

A parábola interpélanos a todos os crentes. Seguiremos alimentando as nosas devocións privadas esquecendo aos que viven sufrindo? Continuaremos orando a Deus para poñelo ao servizo dos nosos intereses, sen que nos importen moito as inxustizas que hai no mundo? E se orar fose precisamente esquecérmonos de nós e buscar con Deus un mundo máis xusto para todos?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Domingo da Quaresma – A (João 11,1-45)
16/ Mar/ 2026
5 Quaresima – A (Giovanni 11,1-45)
16/ Mar/ 2026
5 dimanche de Carême – A (Jean 11,1-45)
16/ Mar/ 2026
5th Lent – A (John 11,1-45)
16/ Mar/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial