• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Advento – A (Mateu 11,2-11)

Evangelio del 11/Dic/2016
Publicado el 05/ Dic/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

03-adv-aCURAR FERIDAS

A actuación de Xesús deixou desconcertado ao Bautista. El agardaba un Mesías que extirparía do mundo o pecado impoñendo o xuízo rigoroso de Deus, non un Mesías dedicado a curar feridas e aliviar sufrimentos. Desde a prisión de Maqueronte envía unha mensaxe a Xesús: «Es ti quen tiña que vir ou temos de agardar por outro?».

Xesús respóndelle coa súa vida de profeta curador: «Ide contarlle a Xoán o que estades a ver e oír: os cegos ven, os coxos andan; os leprosos fican limpos, os xordos oen, os mortos resucitan e aos pobres anúnciaselles a boa noticia». Este é o verdadeiro Mesías: o que vén aliviar o sufrimento, curar a vida e abrir un horizonte de esperanza para os pobres.

Xesús séntese enviado por un Pai misericordioso que quer para todos un mundo máis digno e ditoso. Por iso entrégase a curar feridas, sandar doenzas e liberar a vida. E por iso lles pide a todos: «Sede compasivos como o voso Pai é compasivo».

Xesús non se sente enviado por un Xuíz rigoroso para xulgar aos pecadores e condenar ao mundo. Por iso non atemoriza a ninguén con xestos xusticeiros, senón que ofrece a pecadores e prostitutas a súa amizade e o seu perdón. E por iso lles pide a todos: «Non xulguedes e non seredes xulgados».

Xesús non cura nunca de xeito arbitrario ou por puro sensacionalismo. Cura movido pola compaixón, buscando restaurar a vida desas xentes adoecidas, abatidas e rotas. Son as primeiras que han experimentar que Deus é amigo dunha vida digna e sa.

Xesús non insistiu nunca no carácter prodixioso das súas curacións nin pensou nelas como receita fácil para suprimir o sufrimento no mundo. Presentou a súa actividade curadora como signo para mostrar aos seus seguidores en que dirección temos de actuar para abrirmos camiños a ese proxecto humanizador do Pai que el chamaba «reino de Deus».

O papa Francisco afirma que «curar feridas» é unha tarefa urxente: «Vexo con claridade que o que a Igrexa necesita hoxe é capacidade de curar feridas». Fala logo de facérmonos cargo das persoas, acompañándoas como o bo samaritano, que lava, limpa e consola». Fala tamén de «camiñarmos coas persoas na noite, saber dialogar e ata descendermos á súa noite e escuridade sen perdérmonos».

Ao confiar a súa misión aos discípulos, Xesús non os imaxina como doutores, xerarcas, liturxistas ou teólogos, senón como curadores. Sempre lles confía unha dobre tarefa: curar enfermos e anunciar que o reino de Deus está xa de pertiño.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Los Grupos de Jesús en San Marcos Sierras, Córdoba (Argentina)
11/ Jun/ 2025
Santíssima Trindade – C (João 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Santissima Trinità – C (Giovanni 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Sainte Trinité – C (Jean 16,12-15)
09/ Jun/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial