• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Pascua – A (Lucas 24,13-35)

Evangelio del 30 / Abr / 2017
Publicado el 24/ Abr/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

ACOLLER A FORZA DO EVANXEO

Dous discípulos de Xesús vanse afastando de Xerusalén. Camiñan tristes e abatidos. Cando o viron morrer na cruz, no seu corazón apagouse a esperanza que puxeran nel. Con todo continúan pensando nel. Non o poden esquecer. E el sería todo unha ilusión?

Mentres conversan e discuten de todo o vivido, Xesús achégase e ponse a camiñar cabo deles. Con todo, os discípulos non o recoñecen. Aquel Xesús no que tanto confiaran e ao que amaran con paixón parécelles agora un camiñante estraño.

Xesús únese á súa conversación. Os camiñantes escóitano primeiro sorprendidos, pero aos poucos algo se vai espertando no seu corazón. Non saben exactamente o que lles está a pasar. Máis tarde dirán: «Non ardía o noso corazón mentres nos falaba no camiño e nos explicaba as Escrituras?».

Os camiñantes séntense atraídos polas palabras de Xesús. Chega un momento no que necesitan a súa compañía. Non queren deixalo marchar: «Fica connosco». Durante a cea abriránselles os ollos e recoñecerano. Este é a grande mensaxe deste relato: cando acollemos a Xesús como compañeiro de camiño, as súas palabras poden espertar en nós a esperanza perdida.

Durante estes anos, moitas persoas perderon a súa confianza en Xesús. Aos poucos váiselles convertendo nunha personaxe estraña e irrecoñecíbel. Todo o que saben del é o que poden reconstruír, dun xeito parcial e fragmentario, a partires do que escoitaron a predicadores e catequistas.

Sen dúbida, a homilía dos domingos cumpre unha tarefa insubstituíbel, pero resulta claramente insuficiente para que as persoas de hoxe poidan entrar en contacto directo e vivo co Evanxeo. Tal como se leva a cabo, ante un pobo que ten de permanecer mudo, sen expor as súas inquietudes, interrogantes e problemas, é difícil que logre rexenerar a fe vacilante de tantas persoas que buscan, ás veces sen sabelo, atopárense con Xesús.

Non chegou xa o momento de instaurar, fóra do contexto da liturxia dominical, un espazo novo e diferente para escoitarmos xuntos o Evanxeo de Xesús? Por que non reunírmonos laicos e presbíteros, mulleres e homes, cristiáns convencidos e persoas que se interesan pola fe, a escoitarmos, compartirmos, dialogar e acollermos o Evanxeo de Xesús?

Habemos darlle ao Evanxeo a oportunidade de entrar con toda a súa forza transformadora en contacto directo e inmediato cos problemas, crises, medos e esperanzas da xente de hoxe. Ben axiña será tarde abondo para recuperarmos entre nós a frescura orixinal do Evanxeo. Hoxe é posíbel. Isto é o que se pretende coa proposta dos Grupos de Xesús.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Santíssimo Corpo e Sangue de Cristo – C (Lucas 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025
Corpo e Sangue di Cristo – C (Luca 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025
Le très saint Corps et sang du Christ – C (Luc 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025
Corpus Christi – C (Luke 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial