• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Tempo ordinario – C (Lc 1,1-4; 4,14-21)

Evangelio del 27 / Ene / 2019
Publicado el 21/ Ene/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

PROFETA

Nunha aldea perdida de Galilea, chamada Nazaret, os veciños do pobo reúnense na sinagoga unha mañá de sábado para escoitaren a Palabra de Deus. Logo dalgúns anos vividos buscando a Deus no deserto, Xesús volve ao pobo no que creceu.

A escena é de grande importancia para coñecer a Xesús e entender ben a súa misión. Segundo o relato de Lucas, nesta aldea case descoñecida por todos, vai facer Xesús a súa presentación como Profeta de Deus e vai expoñer o seu programa aplicándose a si mesmo un texto do profeta Isaías.

Logo de ler o texto, Xesús coméntao cunha soa frase: «Hoxe cúmprese esta Escritura que acabades de oír». Segundo Lucas, a xente «tiña os ollos cravados nel». A atención de todos pasa do texto lido á persoa de Xesús. Que é o que nós podemos descubrir hoxe se fixamos os nosos ollos nel?

Xesús actúa movido polo Espírito de Deus. A vida enteira de Xesús está impulsada, conducida e orientada polo alento, a forza e o amor de Deus. Crer na divindade de Xesús non é confesarmos teoricamente unha fórmula dogmática elaborada polos concilios. É ir descubrindo de xeito concreto nas súas palabras e nos seus xestos, na súa tenrura e no seu fogo, o Misterio último da vida que os crentes chamamos «Deus».

Xesús é Profeta de Deus. Non foi unxido con aceite de oliva como se unxía aos reis para transmitirlles o poder de goberno ou aos sumos sacerdotes para investilos de poder sacro. Foi «unxido» polo Espírito de Deus. Non vén gobernar nin rexer. É profeta de Deus dedicado a liberar a vida. Só poderemos seguilo se aprendemos a vivir co seu espírito profético.

Xesús é Boa Noticia para os pobres. A súa actuación é Boa Noticia para a clase social máis marxinada e desvalida: os máis necesitados de oíren algo bo; os humillados e esquecidos por todos. Empezámonos a parecer a Xesús cando a nosa vida, a nosa actuación e amor solidario pode ser captado polos pobres como algo bo.

Xesús vive dedicado a liberar. Entregado a liberar ao ser humano de toda clase de escravitudes. A xente sénteo como liberador de sufrimentos, opresións e abusos; os cegos veno como luz que libera do sensentido e a desesperanza; os pecadores recíbeno como graza e perdón. Seguimos a Xesús cando nos vai liberando de todo o que nos escraviza, empequenece ou deshumaniza. Entón, daquela, creemos nel como Salvador que nos encamiña cara á Vida definitiva.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

AMPLIADO Convocatoria para crear un Grupo Virtual de Jesús
05/ Mar/ 2026
GVJ Magdala concluye el proceso
02/ Mar/ 2026
3 Domingo da Quaresma – Ano A (João 4,5-42)
02/ Mar/ 2026
3 Quaresima – A (Giovani 4,5-42)
02/ Mar/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial