• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Tempo ordinario – A (Mateu 4,12-23)

Evangelio del 22 / Ene / 2017
Publicado el 16/ Ene/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

ALGO NOVO E BO

O primeiro escritor, que recolleu a actuación e a mensaxe de Xesús, resumiuno todo dicindo que Xesús proclamaba a «Boa Noticia de Deus». Máis tarde, os demais evanxelistas empregan o mesmo termo grego (euaggelion) e expresan a mesma convición: no Deus anunciado por Xesús, as xentes atopaban algo «novo» e «bo».

Aínda hai nese Evanxeo algo que poida ser lido, no medio da nosa sociedade indiferente e descrida, como algo novo e bo para o home e a muller dos nosos días? Algo que se poida atopar no Deus anunciado por Xesús e que non proporciona facilmente a ciencia, a técnica ou o progreso? Como é posíbel vivir a fe en Deus nos nosos días?

No Evanxeo de Xesús, os crentes atopamos un Deus desde o que podemos sentir e vivir a vida como un agasallo que ten a súa orixe no misterio último da realidade que é Amor. Para min é bo non sentirme só e perdido na existencia nin nas mans do destino ou o azar. Teño a Alguén en quen podo confiar e a quen podo agradecer a vida.

No Evanxeo de Xesús atopamos un Deus que, malia as nosas torpezas, nos dá forza para defendermos a nosa liberdade sen acabarmos sendo escravos de calquera ídolo; para seguirmos aprendendo sempre formas novas e máis humanas de traballar e de gozar, de sufrir e de amar. Para min é bo poder contar coa forza da miña pequena fe nese Deus.

No Evanxeo de Xesús atopamos un Deus que esperta a nosa responsabilidade para non desentendérmonos dos demais. Non poderemos facer grandes cousas, pero sabemos que podemos contribuír a unha vida máis digna e máis ditosa para todos pensando sobre todo nos máis necesitados e indefensos. Para min é bo crer nun Deus que me pregunta con frecuencia que fago polos meus irmáns. Faime vivir con máis lucidez e dignidade.

No Evanxeo de Xesús atopamos un Deus que nos axuda a entrevermos que o mal, a inxustiza e a morte non teñen a última palabra. Un día, todo o que aquí non puido ser, o que ficou a medias, os nosos anhelos máis grandes e os nosos desexos máis íntimos alcanzarán en Deus a súa plenitude. A min faime ben vivir e esperar a miña morte con esta confianza.

Cada un de nós ten que decidir como quere vivir e como quere morrer. Cada un ha escoitar a súa propia verdade. Para min non é o mesmo crer en Deus do que non crer. A min faime ben poder facer o meu percorrido por este mundo sentíndome acollido, fortalecido, perdoado e salvado polo Deus revelado en Xesús.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Grupo de Jesús San Pío X de Valladolid
08/ Abr/ 2021
¿Por qué buscáis entre los muertos al que vive?
06/ Abr/ 2021
2 Pascoa – B (João 20,19-31)
05/ Abr/ 2021
2 Pasqua – B (Giovanni 20,19-31)
05/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar