• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

30 Tempo ordinario – C (Lucas 18,9-14)

Evangelio del 23/Oct/2016
Publicado el 17/ Oct/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

30-TOA POSTURA XUSTA

Segundo Lucas, Xesús dirixe a parábola do fariseo e o publicano a algúns que presumen de ser xustos diante Deus e desprezan aos demais. Os dous protagonistas que soben ao templo a orar representan dúas actitudes relixiosas contrapostas e irreconciliábeis. Pero, cal é a postura xusta e acertada ante Deus? Esta é a pregunta de fondo.

O fariseo é un observante escrupuloso da lei e un practicante fiel da súa relixión. Séntese seguro no templo. Ora de pé e coa cabeza ergueita. A súa oración é a máis fermosa: unha pregaria de alabanza e acción de grazas a Deus. Pero non lle dá grazas pola súa grandeza, a súa bondade ou misericordia, senón polo bo e grande que é el mesmo.

Deseguido se observa algo falso nesta oración. Máis que orar, este home contémplase a si mesmo. Cóntase a si mesmo a súa propia historia chea de méritos. Necesita sentirse en regra diante Deus e exhibirse como superior aos demais.

Este home non sabe o que é orar. Non recoñece a grandeza misteriosa de Deus nin confesa a súa propia pequeneza. Buscar a Deus para enumerar ante el as nosas boas obras e desprezar aos demais é de imbéciles. Trala súa aparente piedade escóndese unha oración «atea». Este home non necesita a Deus. Non lle pide nada. Bástase a si mesmo.

A oración do publicano é moi diferente. Sabe que a súa presenza no templo é mal vista por todos. O seu oficio de recadador é odiado e desprezado. Non se escusa. Recoñece que é pecador. Os seus golpes de peito e as poucas palabras que rumorea dino todo: «¡Oh Deus!, ten compaixón deste pecador».

Este home sabe que non pode vangloriarse. Non ten nada que ofrecer a Deus, pero si moito que recibir del: o seu perdón e a súa misericordia. Na súa oración hai autenticidade. Este home é pecador, pero está no camiño da verdade.

O fariseo non se atopou con Deus. Este recadador, pola contra, atopa deseguido a postura correcta ante el: a actitude do que non ten nada e necesítao todo. Non se detén sequera a confesar con detalle as súas culpas. Recoñécese pecador. Desa conciencia brota a súa oración: «Ten compaixón deste pecador».

Os dous soben ao templo a orar, pero cada un leva no seu corazón a súa imaxe de Deus e o seu modo de relacionarse con el. O fariseo segue enredado nunha relixión legalista: para el o importante é estar en regra con Deus e ser máis observante que ninguén. O recadador, pola contra, ábrese ao Deus do Amor que predica Xesús: aprendeu a vivir do perdón, sen vangloriarse de nada e sen condenar a ninguén.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Una nueva oración para una nueva evangelización
22/ May/ 2025
6 Páscoa – C (João 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pascua – C (Juan 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pasqua – C (Giovanni 14,23-29)
19/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial