• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

31 Tempo ordinario – A (Mateu 23,1-12)

Evangelio del 5 / Nov / 2017
Publicado el 30/ Oct/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

NON FAN
O QUE DIN

Xesús fala con indignación profética. O seu discurso, dirixido á xente e aos seus discípulos, é unha dura crítica aos dirixentes relixiosos de Israel. Mateu recólleo nos anos oitenta para que os dirixentes da Igrexa cristiá non caian en condutas parecidas.

Poderemos recordar hoxe as recriminacións de Xesús con paz, en actitude de conversión, sen ánimo algún de polémicas estériles? As súas palabras son unha invitación para que bispos, presbíteros e cantos temos algunha responsabilidade eclesial fagamos unha revisión da nosa actuación.

«Non fan o que din». O noso maior pecado é a incoherencia. Non vivimos o que predicamos. Temos poder, pero fáltanos autoridade. A nosa conduta desacredítanos. Un exemplo de vida máis evanxélica dos dirixentes cambiaría o clima en moitas comunidades cristiás.

«Atan cargas pesadas e insoportábeis e póñenas cima das costas dos homes; pero eles non moven nin un dedo para levalas». É certo. Con frecuencia somos esixentes e severos cos demais, compresivos e indulxentes connosco. Angustiamos á xente sinxela coas nosas esixencias, pero non lles facilitamos a acollida do Evanxeo. Non somos coma Xesús, que se preocupa de facer lixeira a súa carga, pois é humilde e de corazón sinxelo.

«Todo o fan para que os vexa a xente». Non podemos negar que é moi fácil vivirmos pendentes da nosa imaxe, buscando case sempre «ficar ben» ante os demais. Non vivimos ante ese Deus que ve no secreto. Estamos máis atentos ao noso prestixio persoal.

«Gústalles o primeiro posto e os primeiros asentos […] e que os saúden pola rúa e que lles chamemos mestres». Dános vergonza confesalo, pero gústanos. Buscamos ser tratados de xeito especial, non como un irmán máis. Hai algo máis ridículo que unha testemuña de Xesús buscando ser distinguido e reverenciado pola comunidade cristiá?

«Non vos deixedes chamar mestre […] nin preceptor […] porque uno só é o voso Mestre e o voso Preceptor: Cristo». O mandato evanxélico non pode ser máis claro: renunciade aos títulos para non facer sombra a Cristo; orientade a atención dos crentes só cara a el. Por que a Igrexa non fai nada por suprimir tantos títulos, prerrogativas, honores e dignidades para mostrar mellor o rostro humilde e próximo de Xesús?

«Non chamedes a ninguén pai voso na terra, porque un só é o voso Pai: o do ceo». Para Xesús, o título de Pai é tan único, profundo e entrañábel que non ha ser utilizado por ninguén na comunidade cristiá. Por que o permitimos?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 40 de Grupos de Jesús
20/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinário – A (Mateus 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinario – A (Matteo 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Temps ordinaire – A (Matthieu 20,1-16)
18/ Sep/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial