• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

4 Tempo ordinario – C (Lucas 4,21-30)

Evangelio del 30 / Ene / 2022
Publicado el 24/ Ene/ 2022
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

O MEDO A SERMOS DIFERENTES

Ben axiña puido ver Xesús o que podía esperar do seu propio pobo. Os evanxelistas non nos ocultaron a resistencia, o escándalo e a contradición que atopou, ata nos ambientes máis próximos. A súa actuación libre e liberadora resultaba demasiado molesta. E o seu comportamento poñía en perigo demasiados intereses.

Xesús sábeo desde o inicio da súa actividade profética. É difícil que alguén que se decide a actuar escoitando fielmente a Deus sexa ben aceptado nun pobo que vive de costas a el. «Ningún profeta é ben mirado na súa terra».

Os crentes non o deberamos esquecer. Non se pode pretender seguir fielmente a Xesús e non provocar, dalgún xeito, a reacción, a crítica e ata o rexeitamento de quen, por diversos motivos, non poden estar de acordo cunha formulación evanxélica da vida.

Resúltanos difícil vivirmos a contraxeito. Dános medo sermos diferentes. Hai moito tempo que está de moda «estar e andar á moda». E non só cando se trata de adquirir o traxe de inverno ou escoller as cores de verán. O «dictado da moda» imponnos os xestos, os xeitos, a linguaxe, as ideas, as actitudes e as posicións que habemos defender.

Necesítase unha gran dose de coraxe para ser fieis ás propias conviccións, cando todo o mundo se acomoda e adapta «ao que se leva». É máis fácil vivirmos sen un proxecto persoal de vida, deixándonos levar polo convencionalismo. É máis fácil instalármonos comodamente na vida e vivirmos segundo o que nos ditan desde fóra.

Ao comezo, quizá un escoita aínda esa voz interior que lle di a un que ese non é o camiño acertado para crecermos como persoa nin como crente. Pero axiña nos tranquilizamos. Non queremos pasar por un «anormal» ou un «estraño». Estase máis seguro sen saírse do rabaño.

E así seguimos camiñando. En rabaño. Mentres desde o Evanxeo se nos segue invitando a ser fieis ao proxecto de Xesús, mesmo aínda que nos poida carrexar críticas e rexeitamento por parte da sociedade, e ata dentro da Igrexa.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Convivencia del Grupo Valle de Elda al final de la etapa 5
22/ Jul/ 2026
17 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 13,44-52)
20/ Jul/ 2026
17 Tempo ordinario – A (Matteo 13,44-52)
20/ Jul/ 2026
17 Temps ordinaire – A (Matthieu 13,44-52)
20/ Jul/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial