• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

5 Coresma – C (Xn 8,1-11)

Evangelio del 07 / Abr / 2019
Publicado el 01/ Abr/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

TODOS NECESITAMOS PERDÓN

Segundo o seu costume, Xesús pasou a noite a soas co seu Pai querido no Monte das Oliveiras. Comeza o novo día, cheo do Espírito de Deus que o envía a «proclamar a liberación dos cativos» e a «dar liberdade aos oprimidos». Ben axiña se verá rodeado por un xentío que acode á explanada do templo para escoitalo.

De súpeto, un grupo de escribas e fariseos irrompe traendo «unha muller sorprendida en adulterio». Non lles preocupa o destino terríbel da muller. Ninguén a interroga de nada. Xa está condenada. Os acusadores xa o deixan moi claro: «Na Lei, Moisés manda apedrar ás adúlteras. Ti, que dis?».

A situación é dramática a máis non poder: os fariseos están tensos, a muller angustiada, a xente expectante. Xesús garda un silencio sorprendente. Ten ante si á aquela muller humillada, condenada por todos. Pronto será executada. É esta a última palabra de Deus sobre esta filla súa?

Xesús, que está sentado, inclínase cara ao chan e comeza a escribir algúns trazos na terra. Seguramente busca luz. Os acusadores pídenlle unha resposta en nome da Lei. El responderalles desde a súa experiencia da misericordia de Deus: aquela muller e os seus acusadores, todos eles, están necesitados do perdón de Deus.

Os acusadores só están pensando no pecado da muller e na condena da Lei. Xesús cambiará a perspectiva. Poñerá aos acusadores ante o seu propio pecado. Ante Deus, todos han recoñecérense pecadores. Todos necesitamos o seu perdón.

Como lle seguen insistindo cada vez máis, Xesús incorpórase e dilles: «Aquel que de vós que non teña pecado, pode tirarlle a primeira pedra». Quen sodes vós para condenar e matar a esa muller, esquecendo os vosos propios pecados e a vosa necesidade do perdón e da misericordia de Deus?

Os acusadores vanse retirando un tras outro. Xesús apunta cara a unha convivencia onde a pena de morte non pode ser a última palabra sobre un ser humano. Máis adiante, Xesús dirá solemnemente: «Eu non vin para xulgar ao mundo senón para salvalo».

O diálogo de Xesús coa muller bota nova luz sobre a súa actuación. Os acusadores retiráronse, pero a muller non se moveu. Parece que necesita escoitar unha última palabra de Xesús. Non se sente aínda liberada. Xesús dille: «Tampouco eu te condeno. Vaite e, en diante, non peques máis».

Ofrécelle o seu perdón, e, ao mesmo tempo, invítaa a non pecar máis. O perdón de Deus non anula a responsabilidade, senón que esixe conversión. Xesús sabe que «Deus non quere a morte do pecador senón que se converta e viva».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Grupo de Jesús San Pío X de Valladolid
08/ Abr/ 2021
¿Por qué buscáis entre los muertos al que vive?
06/ Abr/ 2021
2 Pascoa – B (João 20,19-31)
05/ Abr/ 2021
2 Pasqua – B (Giovanni 20,19-31)
05/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar