• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

5 Coresma – A (Xoán 11,1-45)

Evangelio del 02 / Abr / 2017
Publicado el 27/ Mar/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

ASÍ QUERO MORRER EU

Xesús nunca oculta o seu agarimo por tres irmáns que viven en Betania. Seguramente son os que o acollen na súa casa sempre que sobe a Xerusalén. Un día, Xesús recibe un recado: «O noso irmán Lázaro, o teu amigo, está doente». Ao pouco tempo Xesús encamíñase cara á pequena aldea.

Cando se presenta, Lázaro xa morrera. Ao velo chegar, María, a irmá máis nova, bótase a chorar. Ninguén a pode consolar. Ao ver chorar á súa amiga e tamén aos xudeus que a acompañan, Xesús non pode conterse. «Tamén el se bota a chorar» a carón deles. A xente comenta: «Como lle quería!».

Xesús non chora só pola morte dun amigo moi querido. Rómpeselle a alma ao sentir a impotencia de todos ante a morte. Todos levamos no máis íntimo do noso ser un desexo insaciábel de vivirmos. Por que temos de morrer? Por que a vida non é máis ditosa, máis longa, máis segura, máis vida?

O home de hoxe, como o de todas as épocas, leva cravada no seu corazón a pregunta máis inquietante e máis difícil de responder: que vai ser de todos e cada un de nós? É inútil tratar de enganarnos. Que podemos facer ante a morte? Rebelarnos? Deprimirnos?

Sen dúbida, a reacción máis xeneralizada é esquecérmonos e «seguir tirando». Pero, non está o ser humano chamado a vivir a súa vida e a vivirse a si mesmo con lucidez e responsabilidade? Só cara ao noso final habémonos achegar de forma inconsciente e irresponsábel, sen tomar postura algunha?

Ante o misterio último da morte non é posíbel apelar a dogmas científicos nin relixiosos. Non nos poden guiar máis aló desta vida. Máis honrada parece a postura do escultor Eduardo Chillida, que en certa ocasión lle escoitei dicir: «Da morte, a razón dime que é definitiva. Da razón, a razón dime que é limitada».

Os cristiáns non sabemos da outra vida máis ca os demais. Tamén nós habemos achegarnos con humildade ao feito escuro da nosa morte. Pero facémolo cunha confianza radical na bondade do Misterio de Deus que albiscamos en Xesús. Ese Xesús ao que, sen telo visto, amamos e ao que, sen velo aínda, dámoslle a nosa confianza.

Esta confianza non pode ser entendida desde fóra. Só pode ser vivida por quen respondeu, con fe sinxela, ás palabras de Xesús: «Eu son a resurrección e a vida. Crees ti isto?». Recentemente, Hans Küng, o teólogo católico máis crítico do século XX, próximo xa ao seu final, dixo que, para el, morrer é «descansar no misterio da misericordia de Deus». Así quero morrer eu.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial