• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

5 Pascua – A (Xoán 14,1-12)

Evangelio del 14 / Jul / 2017
Publicado el 08/ May/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

O CAMIÑO

No final da última cea, os discípulos comezan a intuíren que Xesús xa non estará moito tempo cabo deles. A saída precipitada de Xudas, o anuncio de que Pedro o negará moi axiña, as palabras de Xesús falando da súa próxima partida, deixaron a todos desconcertados e abatidos. Que vai ser deles?

Xesús capta a súa tristeza e a súa turbación. O seu corazón conmóvese. Esquecéndose de si mesmo e do que lle espera, Xesús trata de animalos: «Non vos inquietedes. Confiade en Deus e confiade tamén en min». Máis tarde, no curso da conversación, Xesús failles esta confesión: «Eu son o camiño, a verdade e a vida. Ninguén pode chegar ata o Pai senón por min». Non o temos de esquecer nunca.

«Eu son o camiño»

O problema de moitos non é que vivan extraviados ou descamiñados. Sinxelamente viven sen camiño, perdidos nunha especie de labirinto: andando e desandando os mil camiños que, desde fóra, lles van indicando consignas e modas do momento.

E que pode facer un home ou unha muller cando se atopan sen camiño? A quen poden dirixirse? Onde poden acudir? O que camiña tralos pasos de Xesús poderá seguir atopando problemas e dificultades, pero está no camiño acertado que conduce ao Pai. Esta é a promesa de Xesús.

«Eu son a verdade»

Estas palabras encerran unha invitación escandalosa aos oídos modernos. E, con todo, tamén hoxe habemos escoitar a Xesús. Non todo se reduce á razón. O desenvolvemento da ciencia non contén toda a verdade. O misterio último da realidade non se deixa capturar polas análises máis sofisticadas. O ser humano ten de vivir ante o misterio último da súa existencia.

Xesús preséntase como o camiño que conduce e achega a ese Misterio último. Deus non se impón. Non forza a ninguén con probas nin evidencias. O Misterio último é silencio e atracción respectuosa. Xesús é o camiño que nos pode conducir a confiármonos na súa bondade.

«Eu son a vida»

Xesús pode ir transformando a nosa vida. Non como un mestre xa afastado que deixou un legado de sabedoría admirábel á humanidade, senón como alguén vivo que, desde o máis profundo do noso ser, infunde en nós un xerme de vida nova.

Esta acción de Xesús en nós prodúcese case sempre de forma discreta e calada. O mesmo crente só intúe unha presenza imperceptíbel. Ás veces, con todo, invádenos a certeza, a alegría desbordante, a confianza total: Deus existe; ámanos; todo é posíbel, incluso a vida eterna. Nunca entenderemos a fe cristiá se non acollemos a Xesús como o camiño, a verdade e a vida.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Una nueva oración para una nueva evangelización
22/ May/ 2025
6 Páscoa – C (João 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pascua – C (Juan 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pasqua – C (Giovanni 14,23-29)
19/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial