• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

5 Tempo ordinario – C (Lc 5,1-11)

Evangelio del 10 / Feb / 2019
Publicado el 04/ Feb/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

A FORZA DO EVANXEO

O episodio dunha pesca sorprendente e inesperada no lago de Galilea foi redactado polo evanxelista Lucas para infundir alento á Igrexa cando experimenta que todos os seus esforzos por comunicar a súa mensaxe fracasan. O que se nos di é moi claro: temos de poñer a nosa esperanza na forza e o atractivo do Evanxeo.

O relato comeza cunha escena insólita. Xesús está de pé ás beiras do lago, e a xente vaise apiñando ao seu arredor para oíren a Palabra de Deus. Non veñen movidos pola curiosidade. Non se achegan para veren prodixios. Só queren escoitar de Xesús a Palabra de Deus.

Non é sábado. Non están congregados na próxima sinagoga de Cafarnaún para oíren as lecturas que se len ao pobo ao longo do ano. Non subiron a Xerusalén para escoitaren aos sacerdotes do Templo. O que lles atrae tanto é o Evanxeo do Profeta Xesús, rexeitado polos veciños de Nazaret.

Tamén a escena da pesca é insólita. Cando de noite, no tempo máis favorábel para pescar, Pedro e os seus compañeiros traballan pola súa conta, non obteñen resultado algún. Cando, xa con día, botan as redes confiando só na palabra de Xesús que orienta o seu traballo, prodúcese unha pesca abundante, en contra de todas as súas expectativas.

No transfondo dos datos que fan cada vez máis patente a crise do cristianismo entre nós, hai un feito innegábel: a Igrexa está perdendo de xeito imparábel o poder de atracción e a credibilidade que tiña fai só uns anos. Non temos de enganarnos.

Os cristiáns vimos experimentando que a nosa capacidade para transmitirmos a fe ás novas xeracións é cada vez menor. Non faltaron esforzos e iniciativas. Pero, ao parecer, non se trata só nin primordialmente de inventarmos novas estratexias. Chegou o momento de recordar que no Evanxeo de Xesús hai unha forza de atracción que non hai en nós. Esta é a pregunta máis decisiva: Seguimos «facendo cousas» desde unha Igrexa que vai perdendo atractivo e credibilidade, ou poñemos todas as nosas enerxías en recuperar o Evanxeo como a única forza capaz de procrear fe nos homes e mulleres de hoxe?

Non temos de pór o Evanxeo no primeiro plano de todo? O máis importante nestes momentos críticos non son as doutrinas elaboradas ao longo dos séculos, senón a vida e a persoa de Xesús. O decisivo non é que a xente veña tomaren parte nas nosas cousas senón que poidan entrar en contacto con el. A fe cristiá só esperta cando as persoas atopan testemuñas que irradian o lume de Xesús.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

16 Tempo Comum – C (Lucas 10.38-42)
14/ Jul/ 2025
16 Tempo ordinario – C (Luca 10,38-42)
14/ Jul/ 2025
16 Temps ordinaire – C (Luc 10,38-42)
14/ Jul/ 2025
16th Ordinary Sunday – C (Luke 10,38-42)
14/ Jul/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial