• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

6 Tempo ordinario – C (Lc 6,17.20-26)

Evangelio del 17 / Feb / 2019
Publicado el 11/ Feb/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

FELICIDADE

Un pode ler e escoitar cada vez con máis frecuencia noticias optimistas sobre a superación da crise e a recuperación progresiva da economía.

Dísenos que estamos asistindo xa a un crecemento económico, pero un crecemento de que? Crecemento para quen? Apenas só se nos informa de toda a verdade do que está a suceder.

A recuperación económica que está en marcha vai consolidando e, ata, perpetuando a chamada «sociedade dual». Un abismo cada vez maior estase a abrir entre os que van poder mellorar o seu nivel de vida cada vez con máis seguridade e os que van ficar descolgados, sen traballo nin futuro nesta vasta operación económica.

De feito, están medrando ao mesmo tempo o consumo ostentoso e provocativo dos cada vez máis ricos e a miseria e inseguridade dos cada vez máis pobres.

A parábola do home rico «que se vestía de púrpura e de liño e banqueteaba esplendidamente cada día» e o pobre Lázaro que buscaba, sen conseguilo, saciar o seu estómago do que ían tirando da mesa do rico, que é unha crúa realidade na sociedade dual.

Entre nós existen eses «mecanismos económicos, financeiros e sociais» denunciados por Xoán Paulo II, «os cales, aínda que manexados pola vontade dos homes, funcionaban de modo case automático, facendo máis ríxidas as situacións de riqueza duns e da pobreza dos outros».

Unha vez máis estamos consolidando unha sociedade profundamente desigual e inxusta. Nesa encíclica tan lúcida e evanxélica que é a Sollicitudo rei socialis, tan pouco escoitada, ata polos que o vitorean constantemente, Xoán Paulo II descobre na raíz desta situación algo que só ten un nome: pecado.

Podemos dar toda clase de explicacións técnicas, pero cando o resultado que se constata é o enriquecemento sempre maior dos xa ricos e o afundimento dos máis pobres, aí estase a consolidar a insolidariedade e a inxustiza.

Nas súas benaventuranzas, Xesús advirte que un día mudará a sorte dos ricos e dos pobres. É fácil que tamén hoxe sexan bastantes os que, seguindo a Nietzsche, pensen que esta actitude de Xesús é froito do resentimento e a impotencia de quen, non podendo lograr máis xustiza, pide a vinganza de Deus.

Con todo, a mensaxe de Xesús non nace da impotencia dun home derrotado e resentido, senón da súa visión intensa da xustiza de Deus que non pode permitir o triunfo final da inxustiza.

Pasaron vinte séculos, pero a palabra de Xesús segue sendo decisiva para os ricos e para os pobres. Palabra de denuncia para uns e de promesa para outros, que segue viva e interpélanos a todos.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

4 Pascoa – B (João 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pasqua – B (Giovanni 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pâques – B (Jean 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4th Sunday of Easter – B (John 10,11-18)
19/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar