• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Ascensión do Señor – B (Marcos 16,15-20)

Evangelio del 17/05/15
Publicado el 11/ May/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

821291CONFIANZA E RESPONSABILIDADE

Ao evanxeo orixinal de Marcos engadíuselle nalgún momento un apéndice onde se recolle este mandato final de Xesús: «Ide ao mundo enteiro e proclamade o Evangelio a toda a creación». O Evanxeo non ha ficaar no interior do pequeno grupo dos seus discípulos. Teñen de saíren e desprazárense para alcanzar o «mundo enteiro» e levar a Boa Noticia a todas as xentes, a «toda a creación».

Sen dúbida, estas palabras eran escoitadas con entusiasmo cando os cristiáns estaban en plena expansión e as súas comunidades multiplicábanse por todo o Imperio. Pero, como escoitalas hoxe cando nos vemos impotentes para reter a quen abandonan as nosas igrexas porque non senten xa necesidade da nosa relixión?

O primeiro é vivirmos desde a confianza absoluta na acción de Deus. Ensinóunolo Xesús. Deus segue traballando con amor infinito o corazón e a conciencia de todos os seus fillos e fillas, aínda que nós  os consideremos «ovellas perdidas». Deus non está bloqueado por ningunha crise.

Non está esperando a que desde a Igrexa poñamos en marcha os nosos plans de restauración ou os nosos proxectos de innovación. El segue actuando na Igrexa e fóra da Igrexa. Ninguén vive abandonado por Deus, aínda que non oia nunca falar do Evanxeo de Xesús.

Pero todo isto non nos dispensa da nosa responsabilidade. Temos de empezarmos a facernos novas preguntas: Por que camiños anda buscando Deus aos homes e mulleres da cultura moderna? Como quere facer presente ao home e á muller dos nosos días a Boa Noticia de Xesús?

Temos de preguntarnos aínda algo máis: Que chamadas nos está a facer Deus para transformarmos a nosa forma tradicional de pensar, expresar, celebrar e encarnar a fe cristiá de maneira que propiciemos a acción de Deus no interior da cultura moderna? Non corremos o risco de convertérmonos, coa nosa inercia e inmobilismo, en freo e obstáculo cultural para que o Evanxeo se encorne na sociedade contemporánea?

Ninguén sabe como será a fe cristiá no mundo novo que está emerxendo, pero, dificilmente será «clonación» do pasado. O Evanxeo ten forza para inaugurar un cristianismo novo.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

NOTA: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Neste día facemos unha homenaxe agradecida e sentida a todos cantos destacaron nos eidos das artes e da cultura, dun xeito especial no ámbito literario ou na fixación e afondamento científico da nosa lingua e da nosa identidade, sempre en comunión con todos os paises e persoas do mundo.
E unha regalía de Deus ter lingua de seu para mellor comunicármonos desde o máis íntimo. Por iso merece principal e especial gratitude o noso pobo galego, homes e mulleres, que foron quen de creala e transmitírnola viva e ricaz e espallala incluso na emigración. A eles debémoslles fidelidade. Gratitude.

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 11
14/ May/ 2026
Ascensão do Senhor – A (Mateus 28,16-20)
11/ May/ 2026
Ascensione del Signore – A (Matteo 28,16-20)
11/ May/ 2026
Ascension du Seigneur – A (Matthieu 28,16-20)
11/ May/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial