• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 17 Tempo ordinario – B (Xoán 6,1-15)

Evangelio del 29 / Jul / 2018
Publicado el 23/ Jul/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

O XESTO
DUN MOZO

De todos os feitos realizados por Xesús durante a súa actividade profética, o máis recordado polas primeiras comunidades cristiás foi seguramente unha comida multitudinaria organizada por el no medio do campo, nas proximidades do lago de Galilea. É o único episodio recollido en todos os Evanxeos.

O contido do relato é dunha grande riqueza. Seguindo o seu costume, o Evanxeo de Xoán non o chama «milagre», senón «signo». Con iso invítanos a non ficarnos nos feitos que se narran, senón a descubrirmos desde a fe un sentido máis profundo.

Xesús ocupa o lugar central. Ninguén lle pide que interveña. É el mesmo quen intúe a fame daquela xente e suscita a necesidade de alimentala. É conmovedor saber como Xesús non só alimentaba á xente coa Boa Noticia de Deus, senón que lle preocupaba tamén a fame dos seus fillos.

Como alimentar no medio do campo a un xentío tal? Os discípulos non atopan ningunha solución. Filipe di que non se pode pensar en comprar pan, pois non teñen diñeiro. André pensa que se podería compartir o que hai. Pero só un rapaciño ten cinco pans e un par de peixes. Que é iso para tantos?

Para Xesús é suficiente. Ese mozo sen nome nin rostro vai facer posíbel o que parece imposíbel. A súa dispoñibilidade para compartir todo o que ten é o camiño para alimentar a aquelas xentes. Xesús fará o demais. Toma nas súas mans os pans do mociño, dá grazas a Deus e comeza a «distribuílos» entre todos.

A escena é fascinante. Un xentío, sentado sobre a herba verde do campo, compartindo unha comida gratuíta nun día de primavera. Non é un banquete de ricos. Non hai viño nin carne. É a comida sinxela da xente que viven cabo do lago: pan de cebada e peixe en salgadura. Unha comida fraterna, servida a todos por Xesús, grazas ao xesto xeneroso dun mozo.

Esta comida compartida era para os primeiros cristiáns un símbolo atractivo da comunidade nacida de Xesús para construíren unha humanidade nova e fraterna. Evocáballes ao mesmo tempo a eucaristía que celebraban o día do Señor para alimentárense do espírito e a forza de Xesús: o Pan vivo vindo de Deus.

Pero nunca esqueceron o xesto do rapaz novo. Se hai fame no mundo, non é por escaseza de alimentos, senón por falta de solidariedade. Hai pan para todos. Falta xenerosidade para compartilo. Deixamos a marcha do mundo en mans dun poder económico inhumano. Dános medo compartirmos o que temos e a xente morre de fame polo noso egoísmo irracional.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial