• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 2 Advento – B (Marcos 1,1-8)

Evangelio del 10 / Dic / 2017
Publicado el 04/ Dic/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

CON XESÚS
COMEZA ALGO BO

Ao longo deste novo ano litúrxico, os cristiáns iremos lendo nos domingos o Evanxeo de Marcos. O seu pequeno escrito arrinca con este título: «Comezo da boa noticia de Xesús, o Mesías, Fillo de Deus». Estas palabras permítennos evocarmos algo do que atoparemos no seu relato.

Con Xesús «comeza algo novo». É o primeiro que quere deixar ben claro Marcos. Todo o anterior pertence ao pasado. Xesús é o comezo de algo novo e inconfundíbel. No relato, Xesús dirá: «cumpriuse o tempo ». Con el chega a boa noticia de Deus.

Isto é o que están experimentando os primeiros cristiáns. Quen se encontra vitalmente con Xesús e penetra un pouco no seu misterio sabe que con el empeza unha vida nova, algo que nunca experimentara anteriormente.

O que atopan en Xesús é unha «Boa Noticia». Algo novo e bo. A palabra «Evanxeo» que emprega Marcos é moi frecuente entre os primeiros seguidores de Xesús e expresa o que senten ao encontrárense con el. Unha sensación de liberación, alegría, seguridade e desaparición dos medos. En Xesús encontran «a salvación de Deus».

Cando alguén descobre en Xesús ao Deus amigo do ser humano, ao Pai de todos os pobos, ao defensor dos últimos, á esperanza dos perdidos, sabe que non atopará unha noticia mellor. Cando coñece o proxecto de Xesús: traballar por un mundo máis humano, digno e ditoso, sabe que non poderá dedicarse a nada máis grande.

Esta Boa Noticia é o mesmo Xesús, o protagonista do relato que vai escribir Marcos. Por iso a súa intención primeira non é ofrecernos unha doutrina sobre Xesús nin aportarnos información biográfica sobre el, senón seducirnos para que nos abramos á Boa Noticia que só poderemos atopar nel.

Marcos atribúelle a Xesús dous títulos: un tipicamente xudeu; e o outro, máis universal. Con todo, reserva aos lectores algunhas sorpresas. Xesús é o «Mesías» a quen os xudeus esperaban como liberador do seu pobo. Pero un Mesías moi diferente do líder guerreiro que moitos anhelaban para destruíren aos romanos. No seu relato, Xesús é descrito como enviado por Deus para humanizar a vida e encamiñar a historia cara á súa salvación definitiva. É a primeira sorpresa.

Xesús é «Fillo de Deus», pero non dotado do poder e a gloria que algúns imaxinaran. Un Fillo de Deus profundamente humano, tan humano que só Deus pode ser así. Só cando termine a súa vida de servizo a todos, executado nunha cruz, un centurión romano confesará: «Verdadeiramente este home era Fillo de Deus». Esa é a segunda sorpresa.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial