• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 2 Pascua – B (Xoán 20,19-31)

Evangelio del 08 / Abr / 2018
Publicado el 02/ Abr/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

AGNÓSTICOS?

Poucos nos axudaron tanto como Christian Chabanis para coñecermos a actitude do home contemporáneo ante Deus. As súas famosas entrevistas son un documento imprescindíbel para sabermos o que pensan hoxe os científicos e pensadores máis recoñecidos acerca de Deus.

Chabanis confesa que, cando iniciou as súas entrevistas aos ateos máis prestixiosos dos nosos días, pensaba atopar neles un ateísmo rigoroso e ben fundamentado. En realidade atopou que, detrás de graves profesións de lucidez e honestidade intelectual, escondíase con frecuencia «unha absoluta ausencia de procura da verdade».

Non sorprende a constatación do escritor francés, pois algo semellante sucede entre nós. Gran parte dos que renuncian a crer en Deus fano sen iniciaren ningún esforzo por buscalo. Penso sobre todo en tantos que se confesan agnósticos, ás veces de xeito ostentoso, cando en realidade están moi lonxe dunha verdadeira postura agnóstica.

O agnóstico é unha persoa que si suscita o problema de Deus e, ao non atopar razóns para crer nel, suspende o xuízo. O agnosticismo é unha procura que termina en frustración. Só, despois de buscar, adopta o agnóstico a súa postura: «Non sei se existe Deus. Eu non atopo razóns nin para crer nel nin para non crer».

A postura máis estendida hoxe consiste sinxelamente en desentenderse da cuestión de Deus. Moitos dos que se chaman agnósticos son, en realidade, persoas que non buscan. Xavier Zubiri diría que son vidas «sen vontade de verdade real». Resúltalles indiferente que Deus exista ou non exista. Dálles igual que a vida termine aquí ou non. A eles bástalles con «deixarse vivir», abandonarse «ao que for», sen afondar no misterio do mundo e da vida.

Pero é esa a postura máis humana ante a realidade? Pódese presentar como progresista unha vida na que está ausente a vontade de buscar a verdade última da nosa vida? Pódese afirmar que é esa a única actitude lexítima de todo? Pódese afirmar que é esa a única actitude lexítima de honestidade intelectual? Como pode un saber que non é posíbel crer si nunca buscou a Deus?

Querer manterse nesa «postura neutral» sen decidirse a favor ou en contra da fe é xa tomar unha decisión. A peor de todas, pois equivale a renunciar a buscar unha aproximación ao misterio último da realidade.

A postura de Tomé non é a dun agnóstico indiferente, senón a de quen busca reafirmar a súa fe na propia experiencia. Por iso, cando se atopa co Cristo, ábrese confiadamente a el: «meu Señor e meu Deus». Canta verdade encerran as palabras de Karl Rahner: «É máis fácil deixarse afundir no propio baleiro que no abismo do misterio santo de Deus, pero non supón máis coraxe nin tampouco máis verdade. En todo caso, esta verdade resplandece se se ama, acepta e vive como verdade que libera».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Los Grupos de Jesús en San Marcos Sierras, Córdoba (Argentina)
11/ Jun/ 2025
Santíssima Trindade – C (João 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Santissima Trinità – C (Giovanni 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Sainte Trinité – C (Jean 16,12-15)
09/ Jun/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial