• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 20 Tempo ordinario – B (Xoán 6,51-58)

Evangelio del 19 / Ago / 2018
Publicado el 13/ Ago/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

ALIMENTÁRMONOS
DE XESÚS

Segundo o relato de Xoán, unha vez máis os xudeus, incapaces de ir máis aló do físico e material, interrompen a Xesús, escandalizados pola linguaxe agresiva que emprega: «Como pode este darnos a comer a súa carne?». Xesús non retira a súa afirmación, senón que lle dá ás súas palabras un contido máis profundo.

O núcleo da súa exposición permítenos penetrar na experiencia que vivían as primeiras comunidades cristiás ao celebraren a eucaristía. Segundo Xesús, os discípulos non só han crer nel, senón que terán de alimentar e nutriren a súa vida da súa mesma persoa. A eucaristía é unha experiencia central nos seguidores de Xesús.

As palabras que seguen non fan senón destacar o seu carácter fundamental e indispensábel: «A miña carne é verdadeira comida e o meu sangue é verdadeira bebida». Se os discípulos non se alimentan del, poderán facer e dicir moitas cousas, pero non han esquecer as súas palabras: «Non teredes vida en vós». Para ter vida dentro de nós necesitamos alimentármonos de Xesús, nutrirnos do seu alento vital, interiorizarmos as súas actitudes e os seus criterios de vida. Este é o segredo e a forza da eucaristía. Só o coñecen aqueles que comulgan con el e se alimentan da súa paixón polo Pai e do amor del aos seus fillos.

A linguaxe de Xesús é de gran forza expresiva. A quen sabe alimentarse del, faille esta promesa: «Ese habita en min e eu habito nel». Quen se nutre da eucaristía experimenta que a súa relación con Xesús non é algo externo. Xesús non é modelo de vida que imitamos desde fóra. Alimenta a nosa vida desde dentro.

Esta experiencia de «habitar» en Xesús e deixar que Xesús «habite» en nós pode transformar de raíz a nosa fe. Ese intercambio mutuo, esta estreita comuñón, difícil de expresar con palabras, constitúe a verdadeira relación do discípulo con Xesús. Isto é seguilo sostidos pola súa forza vital.

A vida que Xesús transmite aos seus discípulos na eucaristía é a que el mesmo recibe do Pai, Fonte inesgotábel de vida plena. Unha vida que non se extingue coa nosa morte biolóxica. Por iso, Xesús atrévese a facer esta promesa aos seus: «Quen coma deste pan vivirá para sempre».

Sen dúbida, o signo máis grave da crise da fe cristiá entre nós é o abandono tan xeneralizado da eucaristía dominical. Para quen ama a Xesús é doloroso observarmos como a eucaristía vai perdendo o seu poder de atracción. Pero é máis doloroso aínda ver que desde a Igrexa asistimos a este feito sen atrevérmonos a reaccionar. Por que?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 26
20/ Abr/ 2021
4 Pascoa – B (João 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pasqua – B (Giovanni 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pâques – B (Jean 10,11-18)
19/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar