• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 21 Tempo ordinario – B (Xoán 6,60-69)

Evangelio del 26 / Ago / 2018
Publicado el 20/ Ago/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

PREGUNTA DECISIVA

O Evanxeo de Xoán conservou o recordo dunha forte crise entre os seguidores de Xesús. Apenas temos datos. Só nos di que aos discípulos lles resulta duro o modo de falar del. Probabelmente lles parece excesiva a adhesión que reclama deles. Nun determinado momento, «moitos discípulos retiráronse e xa non ían con el».

Por primeira vez experimenta Xesús que as súas palabras non teñen a forza desexada. Con todo non as retira, senón que se reafirma máis: «As palabras que vos dixen son espírito e vida, pero algúns de vós non cren». As súas palabras parecen duras, pero transmiten vida, fan vivir, pois conteñen Espírito de Deus.

Xesús non perde a paz. Non lle inquieta o fracaso. Dirixíndose aos Doce failles a pregunta decisiva: «Tamén vós queredes marchar?». Non os quere reter á forza. Déixalles a liberdade de decidiren. Os seus discípulos non han ser servos, senón amigos. Se queren, poden volveren ás súas casas.

Unha vez máis, Pedro responde en nome de todos. A súa resposta é exemplar. Sincera, humilde, sensata, propia dun discípulo que coñece a Xesús o suficiente como para non abandonalo. A súa actitude pode axudar aínda hoxe aos que con fe vacilante se suscite neles prescindiren de toda fe.

«Señor, a quen iriamos?». Non ten sentido abandonarmos a Xesús de calquera xeito, sen atoparmos un mestre mellor e máis convincente. Se non seguen a Xesús, ficarán sen saberen a quen seguir. Non han precipitarse. Non é bo ficar sen luz nin guía na vida.

Pedro é realista. É bo abandonarmos a Xesús sen atopar unha esperanza máis convincente e atractiva? Basta substituílo por un estilo de vida rebaixada, sen apenas metas nin horizonte? É mellor vivirmos sen preguntas, formulacións nin procura de ningunha clase?

Hai algo que Pedro non esquece: «As túas palabras dan vida eterna». Sente que as palabras de Xesús non son palabras baleiras nin enganosas. Cabo del descubriron a vida doutro xeito. A súa mensaxe abriunos á vida eterna. Onde poderían atopar unha noticia de Deus mellor?

Para rematar, Pedro recorda a experiencia fundamental. Ao convivir con Xesús descubriu que vén do misterio de Deus. De lonxe, na distancia, desde a indiferenza ou o desinterese non se pode recoñecer o misterio que se encerra en Xesús. Os Doce tratárono de cerca. Por iso poden dicir: «Nós creemos e sabemos que ti es o Santo de Deus». Seguirán cabo de Xesús.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial