• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 24 Tempo ordinario – B (Marcos 8,27-35)

Evangelio del 16 / Sept / 2018
Publicado el 10/ Sep/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

TOMAR EN SERIO A XESÚS

O episodio de Cesarea de Filipo ocupa un lugar central no Evanxeo de Marcos. Logo dun tempo de conviviren con el, Xesús failles aos seus discípulos unha pregunta decisiva: «Quen dicides vós que son eu?». E no nome de todos, Pedro contéstalle sen dubidar: «Ti es o Mesías». Por fin parece que todo está claro. Xesús é o Mesías enviado por Deus, e os discípulos ségueno para colaboraren con el.

Pero Xesús sabe que non é así. Aínda lles falta aprenderen algo moi importante. É fácil confesar a Xesús con palabras, pero aínda non saben o que significa seguilo de cerca compartindo o seu proxecto e o seu destino. Marcos di que Xesús «comezou a ensinarlles» que debía sufrir moito. Non é un ensino máis, senón algo fundamental que os discípulos terán de ir asimilando aos poucos.

Desde o principio fálalles «con toda claridade». Non lles quere ocultar nada. Teñen de saber que o sufrimento acompañaraos sempre na súa tarefa de abriren camiños ao reino de Deus. Ao final será condenado polos dirixentes relixiosos e morrerá executado violentamente. Só ao resucitar se verá que Deus está con el.
Pedro rebélase ante o que está oíndo. A súa reacción é incríbel. Toma a Xesús consigo e lévao separadamente para «increpalo». Fora o primeiro en confesalo como Mesías. Agora é o primeiro en rexeitalo. Quere facerlle ver a Xesús que o que está dicindo é absurdo. Non está disposto a que siga ese camiño. Xesús ten de cambiar ese xeito de pensar.

Xesús reacciona cunha dureza descoñecida. De súpeto ve en Pedro os trazos do Satán, o tentador do deserto que busca apartalo da vontade de Deus. Vólvese cara aos discípulos e «reprende» literalmente a Pedro con esta palabras: «Ponte detrás de min, Satán»: volve ocupar o teu posto de discípulo. Deixa de tentarme. «Os teus pensamentos non son os de Deus, senón os dos homes».

Logo chama á xente e aos seus discípulos para que escoiten ben as súas palabras. Repetiraas en diversas ocasións. Non han esquecelas xamais. «Se alguén quere vir detrás de min, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga».

Seguir a Xesús non é obrigatorio. É unha decisión libre de cada un. Pero temos de tomar en serio a Xesús. Non abonda con confesións fáciles. Se queremos seguilo na súa tarefa apaixonante de facer un mundo máis humano, digno e ditoso, temos de estarmos dispostos a dúas cousas. Primeiro, renunciar a proxectos ou plans que se opoñen ao reino de Deus. Segundo, aceptar os sufrimentos que nos poden chegar por seguirmos a Xesús e identificármonos coa súa causa.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

2 Domingo do Tempo Comum – A (João 1,29–34)
12/ Ene/ 2026
2 Tempo ordinario – A (Giovanni 1,29-34)
12/ Ene/ 2026
2e temps ordinaire – A (Jean 1,29-34)
12/ Ene/ 2026
2nd Ordinary Sunday – A (John 1,29-34)
12/ Ene/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial