• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 26 Tempo ordinario – B (Marcos 9,38-43.45.47-48)

Evangelio del 30 / Sept / 2018
Publicado el 24/ Sep/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

NINGUÉN TEN
A EXCLUSIVA
DE XESÚS

A escena é sorprendente. Os discípulos achéganse a Xesús cun problema. Esta vez, o portador do grupo non é Pedro, senón Xoán, un dos dous irmáns que andan á busca dos primeiros postos. Agora pretende que o grupo de discípulos teña a exclusiva de Xesús e o monopolio da súa acción liberadora.

Veñen preocupados. Un exorcista non integrado no grupo está botando demos en nome de Xesús. Os discípulos non se alegran de que a xente quede curada e poidan iniciaren unha vida máis humana. Só pensan no prestixio do seu propio grupo. Por iso trataron de cortar de raíz a súa actuación. Esta é a súa única razón: «Non é dos nosos».

Os discípulos dan por suposto que, para actuar no nome de Xesús e coa súa forza curadora, é necesario ser membro do seu grupo. Ninguén pode apelar a Xesús e traballar por un mundo máis humano sen formar parte da Igrexa. É realmente así? Que pensa Xesús?

As súas primeiras palabras son rotundas: «Non llo impidades». O nome de Xesús e a súa forza humanizadora son máis importantes que o pequeno grupo dos seus discípulos. É bo que a salvación que trae Xesús se estenda máis aló da Igrexa establecida e axude ás xentes a viviren de xeito máis humano. Ninguén ha vela coma unha competencia desleal.

Xesús rompe toda tentación sectaria nos seus seguidores. Non constituíu o seu grupo para controlar a súa salvación mesiánica. Non é un rabino dunha escola pechada, senón Profeta dunha salvación aberta a todos. A súa Igrexa ten de apoiar o seu Nome alí onde é invocado para facer o ben.

Non quere Xesús que entre os seus seguidores se fale dos que son nosos e dos que non o son, os de dentro e os de fóra, os que poden actuar no seu nome e os que non poden facelo. O seu modo de ver as cousas é diferente: «Quen non está contra nós está a favor de nós».

Na sociedade actual hai moitos homes e mulleres que traballan por un mundo máis xusto e humano sen pertenceren á Igrexa. Algúns nin son crentes, pero están abrindo camiños ao reino de Deus e á súa xustiza. Son dos nosos. Temos de alegrarnos no canto de miralos con resentimento. Temos de apoialos no canto de descualificalos.
É un erro vivirmos na Igrexa vendo en todas partes hostilidade e maldade, crendo inxenuamente que só nós somos portadores do Espírito de Xesús. El non nos aprobaría. Invítanos a colaborarmos con alegría con todos os que viven de xeito humano e se preocupan dos máis pobres e necesitados.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

1 Advento – B (Marcos 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1 Avvento – B (Marc 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1 Avent – B (Marc 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1st Advent – B (Mark 13,33-37)
27/ Nov/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial