• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 3 Advento – B (Xoán 1,6-8.19-28).

Evangelio del 17 / Dic / 2017
Publicado el 11/ Dic/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

ABRÍRMONOS
A DEUS

A fe converteuse para moitos nunha experiencia problemática. Non saben exactamente o que lles sucedeu estes anos, pero unha cousa é clara: xa non volverán crer no que creron de nenos. De todo aquilo só fican algunhas crenzas de perfís bastante borrosos. Cada un ha ir construíndo o seu propio mundo interior, sen poder evitar moitas veces graves incertezas e interrogantes.

A maioría destas persoas fai o seu «percorrido relixioso» de forma solitaria e case que secreta. Con quen van falar destas cousas? Non hai guías nin puntos de referencia. Cada un actúa como pode nestas cuestións que afectan a todo o máis profundo do ser humano. Moitos non saben se o que lles sucede é normal ou inquietante.
Os estudos do profesor de Atlanta, James Fowler, sobre o desenvolvemento da fe, poden axudar a non poucos a entenderen mellor o seu propio percorrido. Ao mesmo tempo proxectan luz sobre as etapas que ten de seguir a persoa para estruturar o seu «universo de sentido».

Nos primeiros estadios da vida, o neno vai asumindo sen reflexión as crenzas e valores que se lle propoñen. A súa fe non é aínda unha decisión persoal. O neno vai establecendo o que é verdadeiro ou falso, bo ou malo, a partir do que lle ensinan desde fóra.

Máis adiante, o individuo acepta as crenzas, prácticas e doutrinas de xeito máis reflexionado, pero sempre tal como están definidas polo grupo, a tradición ou as autoridades relixiosas. Non se lle ocorre dubidar seriamente de nada. Todo é digno de fe, todo é seguro.

A crise chega máis tarde. O individuo toma conciencia de que a fe ha ser libre e persoal. Xa non se sente obrigado a crer de modo tan incondicional no que ensina a Igrexa. Aos poucos comeza a relativizar certas cousas e a seleccionar outras. O seu mundo relixioso modifícase e ata racha. Non todo responde a un desexo de autenticidade maior. Está tamén a frivolidade e as incoherencias.

Todo pode quedar aí. Pero o individuo pode tamén seguir a afondar no seu universo interior. Se se abre sinceramente a Deus e o busca no máis profundo do seu ser, pode agromar unha fe nova. O amor de Deus, crido e acollido con humildade, dálle un sentido máis fondo a todo. A persoa coñece unha coherencia interior máis harmoniosa. As dúbidas non son un obstáculo. O individuo intúe agora o valor último que encerran prácticas e símbolos antes criticados. Esperta, de novo, a comunicación con Deus. A persoa vive en comuñón con todo o bo que hai no mundo e sente a chamada a amar e protexer a vida.

O decisivo é facer sempre en nós un lugar real á experiencia de Deus. De aí a importancia de escoitarmos a chamada do profeta: «Preparade o camiño do Señor». Este camiño temos de abrilo no íntimo do noso corazón.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial