• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 4 Pascua – B (Xoán 10,11-18)

Evangelio del 22 / Abr / 2018
Publicado el 16/ Abr/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

BUSCAR DESDE DENTRO

Non se poden deseñar programas ou técnicas que conduzan automáticamente ata Deus. Non hai métodos para atoparse con el de forma segura. Cada un ha seguir o seu propio camiño, pois cada un ten o seu xeito de abrirse ao misterio de Deus. Con todo, non todo favorece en igual medida o espertar da fe.

Hai persoas que nunca falan de Deus con ninguén. É un tema tabú; Deus pertence ao mundo do privado. Pero logo tampouco pensan nel nin o recordan na intimidade da súa conciencia. Esta actitude, bastante frecuente ata entre quen se din crentes, conduce case sempre ao debilitamento da fe. Cando algo non se recorda nunca, termina morrendo por esquecemento e inanición.

Hai, pola contra, persoas que parecen interesarse moito polo relixioso. Gustan de suscitaren cuestións sobre Deus, a creación, a Biblia… Fan preguntas e máis preguntas, pero non agardan a resposta. Non parece interesarlles. Naturalmente, todas as palabras son vas se non hai unha procura sincera de Deus no noso interior. O importante non é falar de «cousas de relixión», senón facerlle sitio a Deus na propia vida.

Outros gustan de discutiren sobre relixión. Non saben falaren de Deus se non é para defenderen a súa propia posición e atacaren a do contrario. De feito, bastantes discusións sobre temas relixiosos non fan senón favorecer a intolerancia e o endurecemento de posturas. Con todo, quen busca sinceramente a Deus escoita a experiencia dos que cren nel e ata a dos que o abandonaron. Eu teño de atopar o meu propio camiño, pero interésame coñecer onde atopan os demais sentido, alento e esperanza para enfrontárense á existencia.

En calquera caso, o máis importante para orientármonos cara a Deus é invocalo no secreto do corazón, a soas, na intimidade da propia conciencia. É aí onde un se abre confiadamente ao misterio de Deus ou onde decide vivir só, de forma atea, sen Deus. Alguén me dirá: «Pero como podo eu invocar a Deus se non creo nel nin estou seguro de nada?». Pois pódese. Esa invocación sincera no medio da escuridade e das dúbidas é, probabelmente, un dos camiños máis puros e humildes para abrírmonos ao Misterio e facernos sensíbeis á presenza de Deus no fondo do noso ser.

O cuarto Evanxeo recórdanos que hai ovellas que «non son deste curro» e viven lonxe da comunidade crente. Pero Xesús di: «Tamén a estas as teño que atraer, para que escoiten a miña voz». Quen busca con verdade a Deus escoita, tarde ou cedo, esta atracción de Xesús no fondo do seu corazón. Primeiro con reservas, talvez. Logo con máis fe e confianza. E un día con alegría fonda.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización - Tema 8 «¡Ábrete!»
03/ Dic/ 2025
2º Domingo do Advento – A (Mateus 3,1-12)
01/ Dic/ 2025
2 Avvento – A (Matteo 3,1-12)
01/ Dic/ 2025
2e dimanche de l'Avent – A (Matthieu 3,1-12)
01/ Dic/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial