• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 5 Tempo ordinario – B (Marcos 1,29-39)

Evangelio del 04 / Feb / 2018
Publicado el 29/ Ene/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

Á PORTA
DA NOSA CASA

Na sinagoga de Cafarnaún, Xesús liberou pola mañá a un home posuído por un espírito maligno. Agora dísenos que sae da «sinagoga» e marcha á «casa» de Simón e André. A indicación é importante, pois no Evanxeo de Marcos o que sucede nesa casa encerra sempre algún ensino para as comunidades cristiás.

Xesús pasa da sinagoga, lugar oficial da relixión xudía, á casa, lugar onde se vive a vida cotiá xunto aos seres máis queridos. Nesa casa vaise ir xestando a nova familia de Xesús. Nas comunidades cristiás temos de saber que elas non son un lugar relixioso onde se vive da Lei, senón un fogar onde se aprende a vivir de xeito novo arredor de Xesús.

Ao entraren na casa, os discípulos fálanlle da sogra de Simón. Non pode saír a acollelos, pois está prostrada en cama con febre. Xesús non necesita de máis. De novo vai romper o sábado por segunda vez o mesmo día. Para el, o importante é a vida sá das persoas, non as observancias relixiosas. O relato describe con todo detalle os xestos de Xesús coa muller doente.

«Achegouse». É o primeiro que fai sempre: achegarse aos que sofren, mirar de cerca o seu rostro e compartir o seu sufrimento. Logo colleuna da man»: toca á enferma, non teme as regras de pureza que o prohiben; quere que a muller senta a súa forza curadora. Por fin levantouna», púxoa de pé, devolveulle a dignidade.

Xesús está sempre así, no medio dos seus: como unha man tendida que nos levanta, como un amigo próximo que nos infunde vida. Xesús só sabe servir, non ser servido. Por iso a muller curada por el ponse a «servir» a todos. Aprendeuno de Xesús. Os seus seguidores habemos vivirmos acolléndonos e coidándonos uns aos outros.

Pero sería un erro pensar que a comunidade cristiá é unha familia que pensa só nos seus propios membros e vive de costas ao sufrimento dos demais. O relato di que ese mesmo día, «ao pórse o sol», cando terminou o sábado, leváronlle a Xesús toda clase de enfermos e posuídos por algún mal.

Os seguidores de Xesús temos de gravar ben esta escena. Ao chegar a escuridade da noite, a poboación enteira, cos seus enfermos, «apíñase á porta». Os ollos e as esperanzas dos que sofren buscan a porta desa casa onde está Xesús. A Igrexa só atrae de verdade cando a xente que sofre pode descubrir dentro dela a Xesús curando a vida e aliviando o sufrimento. Á porta das nosas comunidades hai moita xente sufrindo. Non o esquezamos.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 9
21/ Ene/ 2026
3 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 4,12–23)
19/ Ene/ 2026
3 Tempo ordinario – A (Matteo 4,12-23)
19/ Ene/ 2026
3e temps ordinaire – A (Matthieu 4,12-23)
19/ Ene/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial