• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo de Ramos – A (Mateu 26,14–27,66)

Evangelio del 09 / Abr / 2017
Publicado el 03/ Abr/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

NADA O PUIDO DETER

A execución do Bautista non foi algo casual. Segundo unha idea moi estendida no pobo xudeu, o destino que espera ao profeta é a incomprensión, o rexeitamento e, en moitos casos, a morte. Probabelmente, Xesús contou desde ben axiña coa posibilidade dun final violento.

Pero Xesús non foi un suicida. Tampouco buscaba o martirio. Nunca quixo o sufrimento nin para el nin para ninguén. Dedicou a súa vida a combatelo na enfermidade, nas inxustizas, na marxinación ou na desesperanza. Viviu entregado a «buscar o reino de Deus e a súa xustiza»: ese mundo máis digno e ditoso para todos que busca o seu Pai.

Se Xesús acepta a persecución e o martirio é por fidelidade a ese proxecto de Deus: que non quer ver sufrir aos seus fillos e fillas. Por iso non corre cara á morte, pero tampouco se bota para atrás. Non foxe ante as ameazas; tampouco modifica a súa mensaxe nin se desdí das súas afirmacións na defensa dos últimos.

Éralle fácil evitar a execución. Abondaría con calar e non insistir no que podía irritar no templo ou no palacio do prefecto romano. Non o fixo. Seguiu o seu camiño. Preferiu ser executado antes que traizoar a súa conciencia e ser infiel ao proxecto de Deus, o seu Pai.

Aprendeu a vivir nun clima de inseguridade, conflitos e acusacións. Día a día foise reafirmando na súa misión e seguiu anunciando con claridade a súa mensaxe. Atreveuse a difundila non só nas aldeas apartadas de Galilea, senón na contorna perigosa do templo. Nada o detivo.

Morrerá fiel ao Deus no que confiou sempre. Seguirá acollendo a todos, ata a pecadores e indesexábeis. Se terminan rexeitándoo, morrerá coma un «excluído», pero coa súa morte confirmará o que foi a súa vida enteira: confianza total nun Deus que non rexeita nin exclúe a ninguén do seu perdón.

Seguirá buscando o reino de Deus e a súa xustiza, identificándose cos máis pobres e desprezados. Se un día o executan no suplicio da cruz, reservado para escravos, morrerá coma o máis pobre e desprezado, pero coa súa morte selará para sempre a súa fe nun Deus que quere a salvación do ser humano de todo canto o esclaviza.

Os seguidores de Xesús descubrimos o Misterio último de Deus encarnado no seu amor e entrega extrema ao ser humano. No amor dese crucificado está Deus mesmo identificado con todos os que sofren, gritando contra todas as inxustizas e perdoando aos verdugos de todos os tempos. Neste Deus pódese crer ou non crer, pero non é posíbel burlarse del. Nel confiamos os cristiáns. Nada o deterá no seu empeño por salvar aos seus fillos e fillas.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

"Caminantes, en camino" - Grupo "Volver"
14/ Abr/ 2021
3 Pascoa – B (Lucas 24,35-48)
12/ Abr/ 2021
3 Pasqua – B (Luca 24,35-48)
12/ Abr/ 2021
3 Pâques - B (Luc 24,35-48)
12/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar