• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo de Resurrección – C (Xoán 20,1-9)

Evangelio del 27/mar/2016
Publicado el 21/ Mar/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

D-RESURRECCIONONDE BUSCAR AO QUE VIVE?

A fe en Xesús, resucitado polo Pai, non manou de xeito natural e espontáneo no corazón dos discípulos. Antes de atopárense con el, cheo de vida, os evanxelistas falan da súa desorientación, da súa procura en torno ao sepulcro, aos seus interrogantes e incertezas.

María de Magdala é o mellor prototipo do que acontece probabelmente en todos. Segundo o relato de Xoán, busca ao crucificado no medio das tebras, «cando aínda estaba escuro». Como é natural, búscao «no sepulcro». Aínda non sabe que a morte foi vencida. Por iso, o baleiro do sepulcro déixaa desconcertada. Sen Xesús, séntese perdida.

Os outros evanxelistas recollen outra tradición que describe a procura de todo o grupo de mulleres. Non poden esquecer ao Mestre que as acolleu como discípulas: o seu amor lévaas ata o sepulcro. Non atopan alí a Xesús, pero escoitan a mensaxe que lles indica cara a onde han orientar a súa procura: «Por que buscades entre os mortos ao que vive? Non está aquí. resucitou».

A fe en Cristo resucitado non nace tampouco hoxe en nós de forma espontánea, só porque o escoitamos desde nenos a catequistas e predicadores. Para abrírmonos á fe na resurrección de Xesús, habemos facer o noso propio percorrido. É decisivo non esquecer a Xesús, amalo con paixón e buscalo con todas as nosas forzas, pero non no mundo dos mortos. Ao que vive hai que buscalo onde hai vida. Se queremos atopármonos con Cristo resucitado, cheo de vida e de forza creadora, habémolo buscar, non nunha relixión morta, reducida ao cumprimento e a observancia externa de leis e normas, senón alí onde se vive segundo o Espírito de Xesús, acollido con fe, con amor e con responsabilidade polos seus seguidores.

Habémolo buscar, non entre cristiáns divididos e enfrontados en loitas estériles, baleiras de amor a Xesús e de paixón polo Evanxeo, senón alí onde imos construíndo comunidades que poñen a Cristo no seu centro porque, saben que «onde están reunidos dous ou tres no seu nome, alí está el».

Ao que vive non o atoparemos nunha fe estancada e rutineira, gastada por toda clase de tópicos e fórmulas baleiras de experiencia, senón buscando unha calidade nova na nosa relación con el e na nosa identificación co seu proxecto. Un Xesús apagado e inerte, que non namora nin seduce, que non toca os corazóns nin contaxia a súa liberdade, é un «Xesús morto». Non é o Cristo vivo, resucitado polo Pai. Non é o que vive e fai vivir.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 40 de Grupos de Jesús
20/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinário – A (Mateus 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinario – A (Matteo 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Temps ordinaire – A (Matthieu 20,1-16)
18/ Sep/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial