• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Solemnidade de Cristo Rei – C (Lucas 23,35-43)

Evangelio del 20 / Noviembre / 2016
Publicado el 14/ Nov/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

34-TOCARGAR COA CRUZ

O relato da crucifixión, proclamado na festa de Cristo Rei, recórdanos aos seguidores de Xesús que o seu reino non é un reino de gloria e de poder, senón de servizo, amor e entrega total para rescatar ao ser humano do mal, o pecado e a morte.

Habituados a proclamarmos a «vitoria da Cruz», corremos o risco de esquecer que o Crucificado nada ten que ver cun falso triunfalismo que baleira de contido o xesto máis sublime do servizo humilde de Deus cara ás súas criaturas. A Cruz non é unha especie de trofeo que mostramos a outros con orgullo, senón o símbolo do Amor crucificado de Deus que nos invita a seguirmos o seu exemplo.

Cantamos, adoramos e bicamos a Cruz de Cristo porque no máis fondo do noso ser sentimos a necesidade de dar grazas a Deus polo seu amor insondábel, pero sen esquecer que o primeiro que nos pide Xesús de xeito insistente non é bicar a Cruz senón cargar con ela. E isto consiste sinxelamente en seguir os seus pasos de xeito responsábel e comprometido, sabendo que ese camiño ha levarnos tarde ou cedo a compartirmos o seu destino doloroso.

Non nos está permitido achegarnos ao misterio da Cruz de xeito pasivo, sen intención algunha de cargar con ela. Por iso, temos de coidar moito certas celebracións que poden crear en torno á Cruz unha atmosfera atractiva pero perigosa, se nos distraen do seguimento fiel ao Crucificado facéndonos vivir a ilusión dun cristianismo sen Cruz. É precisamente ao bicar a Cruz cando temos de escoitar a chamada de Xesús: «Se algún vén detrás de min… que cargue coa súa cruz e que me siga».

Para os seguidores de Xesús, reivindicar a Cruz é achegarse servicialmente aos crucificados; introducir xustiza onde se abusa dos indefensos; reclamar compaixón onde só hai indiferenza ante os que sofren. Isto traeranos conflitos, rexeitamento e sufrimento. Será o noso xeito humilde de cargar coa Cruz de Cristo.

O teólogo católico Johann Baptist Metz vén insistindo no perigo de que a imaxe do Crucificado nos estea ocultando o rostro dos que hoxe viven crucificados. No cristianismo dos países do benestar está ocorrendo, segundo el, un fenómeno moi grave: «A Cruz xa non intranquiliza a ninguén, non ten ningún aguillón; perdeu a tensión do seguimento a Xesús, non chama a ningunha responsabilidade, senón que descarga dela».

Non temos de revisar todos cal é a nosa verdadeira actitude ante o Crucificado? Non temos de achegármonos a el de xeito máis responsábel e comprometido?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Santíssimo Corpo e Sangue de Cristo – C (Lucas 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025
Corpo e Sangue di Cristo – C (Luca 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025
Le très saint Corps et sang du Christ – C (Luc 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025
Corpus Christi – C (Luke 9,11b-17)
16/ Jun/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial