• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

28 Tempo ordinario – A (Mateu 22,1-14)

Evangelio del 11 / Oct / 2020
Publicado el 05/ Oct/ 2020
por Coordinador - Mario González Jurado
espiritualidad, evangelio, renovación

IR ÁS ENCRUCELADAS DOS CAMIÑOS

Xesús coñecía moi ben a vida dura e monótona dos campesiños. Sabía como esperaban a chegada do sábado para «liberárense» do traballo. Víaos gozar nas festas e nas vodas. Que experiencia podía haber máis gozosa para aquelas xentes que a de seren convidados a un banquete e poder sentaren á mesa cos veciños a compartir unha festa de vodas?

Movido pola súa experiencia de Deus, Xesús comezou a falarlles dunha maneira sorprendente. A vida non é só esta vida de traballos e preocupacións, penas e desgustos. Deus está a preparar unha festa final para todos os seus fillos e fillas. Quérenos ver a todos sentados cabo del, ao redor de una mesma mesa, gozando para sempre dunha vida plenamente ditosa.

Non se contentaba só con falar así de Deus. El mesmo convidaba a todos á súa mesa e comía mesmo con pecadores e indesexábeis. Quería ser para todos a gran invitación de Deus á festa final. Queríaos ver recibindo con gozo a súa chamada, e creando entre todos un clima máis amigábel e fraterno que os preparase adecuadamente para a festa final.

Que foi desta invitación? Quen a anuncia? Quen a escoita? Onde se poden ter noticias desta festa? Satisfeitos co noso benestar, xordos a todo o que non sexa o noso propio interese, non cremos necesitarmos de Deus. Non nos estamos afacendo aos poucos a vivirmos sen necesidade dunha esperanza última?

Na parábola de Mateu, cando os que teñen terras e negocios rexeitan a invitación, o rei di aos seus criados: «Ide agora ás encruceladas dos camiños e a todos os que atopedes, convidádeos á voda». A orde é inaudita, pero reflicte o que sente Xesús. A pesar de tanto rexeitamento e menosprezo haberá festa. Deus non cambiou. Hai que seguir convidando.

Pero agora o mellor é ir a «aos cruces dos camiños» por onde transitan tantas xentes errantes, sen terras nin negocios, aos que ninguén convidou nunca a unha festa. Eles poden entender mellor do que ninguén a invitación. Eles poden lembrarnos a necesidade última que temos de Deus. Poden ensinarnos a esperanza.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

4 Domingo da Páscoa – A (João 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pasqua – A (Giovanni 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pâques – A (Jean 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4th Easter Sunday – A (John 10,1-10)
20/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial