SEGUIRMOS A XESÚS
«Seguir» a Xesús é unha metáfora que os discípulos aprenderon polos camiños de Galilea. Para eles significa en concreto: non perderen de vista a Xesús; non quedárense parados lonxe del; camiñar, moverse e dar pasos tras del. «Seguir» a Xesús esixe unha dinámica de movemento. Por iso o inmobilismo dentro da Igrexa é unha enfermidade mortal: mata a paixón por seguirmos a Xesús compartindo a súa vida, a súa causa e o seu destino.
As primeiras xeracións cristiás nunca esqueceron que ser cristián é «seguir» a Xesús e vivir coma El. Isto é o fundamental. Por so Lucas lle dá tanta importancia a estes tres ditos de Xesús.
O primeiro este. A un que se lle achega decidido a seguilo Xesús advírtelle así: «O Fillo do home non ten onde reclinar a súa cabeza». O instinto por sobrevivirmos no medio da sociedade moderna está a levarnos hoxe aos cristiáns para buscarmos seguridade. A xerarquía afánase por recuperaren un apoio social que vai decrecendo. As comunidades cristiás perden peso e forza para influíren no ambiente. Non sabemos «onde reclinar a cabeza». É o momento de aprender a seguirmos a Xesús de maneira máis humilde e vulnerábel, pero tamén máis auténtica e real.
O segundo é este. A un que lle pide ir antes a enterrar ao seu pai Xesús dille: «Deixa que os mortos enterren aos seus mortos; ti vai a anunciar o reino de Dios». Na Igrexa vivimos con frecuencia distraídos por costumes e obrigacións que proveñen do pasado, pero non axudan a xerar hoxe vida evanxélica. Hai pastores que se senten coma «mortos que se dedican a enterrar mortos». É o momento de volvermos a Xesús e buscarmos primeiro o Reino de Deus. Só así nos colocaremos na verdadeira perspectiva para entendermos e vivirmos a fe como quería el.
Terceiro, este. A outro dille: «O que bota man ao arado e segue mirando cara atrás non vale para o Reino de Deus». Mirando só cara atrás non é posíbel anunciarmos o Reino de Deus. Cando se afoga a creatividade ou se mata a imaxinación evanxélica, cando se controla toda novidade como perigosa e se promove unha relixión estática, estamos a impedirmos o seguimento vivo de Xesús. É o momento de buscarmos, máis unha vez, «viño novo en odres novos». Así o pedía Xesús.
José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire




