• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Advento – A (Mateu 11,2-11)

Evangelio del 14 / Dic / 2025
Publicado el 08/ Dic/ 2025
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

NON SENTIRNOS DEFRAUDADOS POR XESÚS

Nestes tempos de crise relixiosa e confusión interior, é importante lembrar que Xesús Cristo non é propiedade particular das igrexas. É de todos. A el poden achegárense cantos o confesen como Fillo de Deus, e tamén quen anda buscando un sentido máis humano ás súas vidas.

Hai xa algúns anos, o coñecido pensador Roger Garaudy, marxista convencido naquel tempo, gritaba así aos cristiáns: «Vós recollestes e conservastes esta esperanza que é Xesús Cristo. Devolvédenola! pois ela pertence a todo o mundo».

Case pola mesma época, Jean Onimus publicaba o seu apaixonante e insólito libro sobre Xesús co provocativo título de Le Perturbateur. Dirixíndose a Xesús, dicía así o escritor francés: «Por que vas permanecer propiedade privada dos predicadores, dos doutores e dalgúns eruditos, Ti que dixeches cousas tan sinxelas, palabras directas, palabras que permanecen para os homes, palabras de vida eterna?»

Por iso poucas cousas me producen máis alegría do que saber que homes e mulleres afastados da práctica relixiosa habitual buscan nos meus escritos atoparse con Xesús. Estou convencido de que El pode ser para moitos o mellor camiño para atoparse co Deus Amigo e para dar un sentido máis esperanzado ás súas vidas.

Xesús non deixa indiferente a ninguén que se achega a El. Un atópase, por fin, con alguén que vive na verdade, alguén que sabe por que hai que vivir e por que merece a pena morrer. Intúe que ese estilo de vivir «tan de Xesús» é a maneira máis acertada e humana de enfrontarse á vida e á morte.

Xesús sanda. A súa paixón pola vida pon ao descuberto a nosa superficialidade e convencionalismo. O seu amor aos indefensos desenmascara os nosos egoísmos e mediocridade. A súa verdade desvela os nosos auto enganos. Pero, sobre todo, a súa fe incondicional no Pai convídanos a saírmos da incredulidade e a confiarmos en Deus.

Quen hoxe abandonan a Igrexa porque se atopan incómodos dentro dela, ou porque discrepan dalgunha das súas actuacións ou directrices concretas, ou porque sinxelamente a liturxia cristiá perdeu para eles todo interese vital, non deberían, por iso, abandonar automaticamente a Xesús.

Cando un perdeu outros puntos de referencia e sente que «algo» está a morrer na súa conciencia, pode ser decisivo non perder contacto con Xesús Cristo. O texto evanxélico lémbranos as súas palabras: «Ditoso o que non se sinta defraudado por min!» Ditoso quen entenda todo o que Cristo pode significar na súa vida.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Domingo de Páscoa – Ano A (João 20,1-9)
30/ Mar/ 2026
Pasqua di Risurrezione – A (Giovanni 20,1-9)
30/ Mar/ 2026
Pâques – A (Jean 20,1-9)
30/ Mar/ 2026
Easter Sunday – A (John 20,1-9)
30/ Mar/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial