• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

17 Tempo ordinario – A (Mateu 13,44-52)

Evangelio del 26 / Jul / 2026
Publicado el 20/ Jul/ 2026
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

BUSCAR A DEUS

Os estudos sociolóxicos din que a crise relixiosa vaise deslizando en Europa cara a unha «indiferenza» cada vez maior. Unha indiferenza tranquila, allea a todo formulación sobre Deus. Con todo, son cada vez máis os que, movidos por unha certa «nostalxia de Deus», senten a necesidade de buscaren «algo diferente», unha maneira nova de creren nel. Como buscar a Deus?

Sen dúbida, cada un ten de partir da súa propia experiencia. Non hai que copiar a outros. Non hai que facer nada forzado nin postizo. Cada un coñece os seus propios desexos e miserias, os seus baleiros e os seus medos. Cada un sabe da súa «necesidade» de Deus. A súa voz non cala nunca. Non grita cos beizos, pero nos rumorea ao corazón.

Por iso precisamente non chega con buscarmos a Deus por fóra: nos libros, nas discusións ou no debate. Unha cousa é «discutir de relixión» e outra moi distinta buscar a Deus con sincero corazón. Un mesmo dáse conta cando está a fuxir de Deus e cando o está buscando de verdade. Santo Agostiño dicía así: «Non te espalles. Concéntrate na túa intimidade. A verdade reside no home interior».

Buscar a Deus esixe esforzo, pero atoparse con el non é nunca resultado dun voluntarismo fanático nin dunha ascese crispada. Deus é un agasallo, e o importante é acollelo con «simplicidade de alma». Lembremos a reflexión da anciá prioresa no Diálogo de carmelitas de Georges Bernanos: «Unha vez saídos da infancia, hai que sufrir moito para volver a ela, como só despois dunha longa noite volve aparecer de novo a aurora. Volvín eu a ser de novo neno?».

Non é o máis acertado buscar a Deus apoiándonos só nas propias intuicións. Hai moitas formas de enganarse ou de andar dando voltas sobre un mesmo, sobre os nosos sentimentos e ideas. Por iso é mellor compartir e contrastar a propia experiencia con alguén que nos poida guiar desde a súa vivencia de Deus. Ese mutuo compartir pode ser o mellor estímulo para seguir buscándoo.

Na súa parábola do «tesouro escondido no campo», Xesús fala do home que, «cheo de alegría», vende todo o que ten por facerse co tesouro. Buscar a Deus non produce tristeza nin amargura; ao contrario, xera alegría e paz, porque a persoa comeza a descubrir onde está a verdadeira felicidade. Lembremos a Santo Agostiño: «Só o que fai bo ao home pode facelo feliz».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

17 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 13,44-52)
20/ Jul/ 2026
17 Tempo ordinario – A (Matteo 13,44-52)
20/ Jul/ 2026
17 Temps ordinaire – A (Matthieu 13,44-52)
20/ Jul/ 2026
17th Ordinary Sunday – A (Matt 13,44-52)
20/ Jul/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial