• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Cristo Rei – C (Lc 23,35-43)

Evangelio del 24 / Nov / 2019
Publicado el 18/ Nov/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

ACORDATE DE MIN

Segundo o relato de Lucas, Xesús agoniou no medio das burlas e desprezos dos que o rodean. Ninguén parece entender a súa vida. Ninguén parece captar a súa entrega aos que sofren nin o seu perdón aos culpábeis. Ninguén viu no seu rostro a mirada compasiva de Deus. Ninguén parece agora intuír naquela morte misterio algún.

As autoridades relixiosas pola súa vez burlan del con xestos despectivos: pretendeu salvar a outros; que se salve agora a si mesmo. Se é o Mesías de Deus, o «Elixido» por el, xa virá Deus na súa defensa.

Tamén os soldados se suman ás burlas. Eles non creen en ningún enviado de Deus. Rinse do letreiro que Pilato mandou colocar na cruz: «Este é o rei dos xudeus». É absurdo que alguén poida reinar sen poder. Que demostre a súa forza salvándose a si mesmo.

Xesús permanece calado, pero non descende da cruz. Que fariamos nós se o Enviado de Deus buscase a súa propia salvación escapando desa cruz que o une para sempre a todos os crucificados da historia? Como poderiamos crer nun Deus que nos abandonase para sempre á nosa propia sorte?

De súpeto, no medio de tantas burlas e desprezos, unha sorprendente invocación: «Xesús, acórdate de min cando chegues ao teu reino». Non é un discípulo nin un seguidor de Xesús. É un dos dous delincuentes crucificados cabo del.

Lucas propono como un exemplo admirábel de fe no Crucificado. Este home, a punto de morrer axustizado, sabe que Xesús é un home inocente, que non fixo máis que ben a todos. Intúe na súa vida un misterio que a el se lle escapa, pero está convencido de que Xesús non vai ser derrotado pola morte. Do seu corazón nace unha súplica. Só pide a Xesús que non o esqueza: algo poderá facer por el.

Xesús respóndelle de inmediato: «Hoxe estarás comigo no paraíso». Agora están os dous unidos na angustia e a impotencia, pero Xesús acólleo como compañeiro inseparábel. Morrerán crucificados, pero entrarán xuntos no misterio de Deus.

No medio da sociedade descrida dos nosos días, moitos viven desconcertados. Non saben se cren ou non cren. Case sen sabelo, levan no seu corazón unha fe pequena e fráxil. Ás veces, sen saberen por que nin como, angustiados polo peso da vida, invocan a Xesús ao seu xeito. «Xesús, acórdate de min» e Xesús escóitaos: «Ti estarás sempre comigo».

Deus ten os seus camiños para atoparse con cada persoa que non sempre pasan por onde nós pensamos. O decisivo é ter un corazón para abrírmonos ao misterio de Deus encarnado en Xesús.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

2 Domingo do Tempo Comum – A (João 1,29–34)
12/ Ene/ 2026
2 Tempo ordinario – A (Giovanni 1,29-34)
12/ Ene/ 2026
2e temps ordinaire – A (Jean 1,29-34)
12/ Ene/ 2026
2nd Ordinary Sunday – A (John 1,29-34)
12/ Ene/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial