• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

1 Advento – A (Mateu 24,37-44)

Evangelio del 27/Nov/2016
Publicado el 21/ Nov/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

1-adv-aCOS OLLOS ABERTOS

As primeiras comunidades cristiás viviron anos moi difíciles. Perdidos no vasto Imperio de Roma, no medio de conflitos e persecucións, aqueles cristiáns buscaban forza e alento esperando a pronta vinda de Xesús e recordando as súas palabras: «Vixiade. Vivide espertos. Tende os ollos abertos. Estade alerta».

Significan aínda algo para nós estas chamadas de Xesús a vivirmos espertos?

Que é hoxe para os cristiáns poñer a nosa esperanza en Deus vivindo cos ollos abertos?

Deixaremos que se esgote definitivamente no noso mundo secular a esperanza nunha última xustiza de Deus para esa inmensa maioría de vítimas inocentes que sofren sen culpa algunha?

Precisamente, o xeito máis fácil de falsear a esperanza cristiá é esperarmos de Deus a nosa propia salvación eterna mentres damos as costas ao sufrimento que hai agora mesmo no mundo. Un día teremos que recoñecer a nosa cegueira ante o Cristo Xuíz: cando te vimos famento ou sedento, estranxeiro ou espido, enfermo ou no cárcere, e non te asistimos? Este será o noso diálogo final con el si vivimos cos ollos pechados.

Temos de espertar e abrir ben os ollos. Vivir vixiantes para ollarmos máis aló dos nosos pequenos intereses e preocupacións. A esperanza do cristián non é unha actitude cega, pois non esquece aos que sofren. A espiritualidade cristiá non consiste só nunha mirada cara ao interior, pois o seu corazón está atento aos que viven abandonados á súa sorte.

Nas comunidades cristiás habemos coidar cada vez máis que o noso modo de vivirmos a esperanza non nos leve á indiferenza e o esquecemento dos pobres. Non podemos illarnos na relixión para non oír o clamor dos que morren diariamente de fame. Non nos está permitido alimentar a nosa ilusión de inocencia para defendermos a nosa tranquilidade.

Unha esperanza en Deus que se esquece dos que viven nesta terra sen poder esperar nada, non poderá tal vez ser considerada como unha versión relixiosa dun optimismo custe o que custe, vivido sen lucidez nin responsabilidade? Unha procura da propia salvación eterna de costas aos que sofren, non pode tamén ser acusada de ser un sutil «egoísmo alargado cara ao máis aló»?

Probabelmente, a pouca sensibilidade ao sufrimento inmenso que hai no mundo sexa un dos síntomas máis graves do avellentamento do cristianismo actual. Cando o papa Francisco reclama «unha Igrexa máis pobre e dos pobres», estanos gritando a súa mensaxe máis importante e interpeladora aos cristiáns dos países do benestar.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 1
30/ Nov/ 2023
1 Advento – B (Marcos 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1 Avvento – B (Marc 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1 Avent – B (Marc 13,33-37)
27/ Nov/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial