• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

1 Coresma – C (Lucas 4,1-13)

Evangelio del 14/feb/2016
Publicado el 08/ Feb/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

1-CUARIDENTIFICAR AS TENTACIÓNS

Segundo os evanxeos, as tentacións experimentadas por Xesús non son propiamente de orde moral. Son formulacións nas que se lle propoñen xeitos falsos de entender e vivir a súa misión. Por iso, a súa reacción sérvenos de modelo para o noso comportamento moral, pero, sobre todo, de alerta para non desviármonos da misión que Xesús confiou aos seus seguidores.

Primeiriño de nada, as súas tentacións axúdannos a identificar con máis lucidez e responsabilidade as que pode experimentar hoxe a súa Igrexa e quen a formamos. Como seremos unha Igrexa fiel a Xesús se non somos conscientes das tentacións máis perigosas que nos poden desviar hoxe do seu proxecto e estilo de vida?

Na primeira tentación, Xesús renuncia a utilizar a Deus para «converter» as pedras en pans e matar así a súa fame. Non seguirá ese camiño. Non vivirá buscando o seu propio interese. Non utilizará ao Pai de xeito egoísta. Alimentarase da Palabra viva de Deus, só «multiplicará» os pans para alimentar a fame da xente.

Esta é probablemente a tentación máis grave dos cristiáns dos países ricos: utilizar a relixión para completar o noso benestar material, tranquilizar as nosas conciencias e baleirar o noso cristianismo de compaixón, vivindo xordos á voz de Deus que nos segue gritando onde están os vosos irmáns?

Na segunda tentación, Xesús renuncia a obter «poder e gloria» a condición de someterse como todos os poderosos aos abusos, mentiras e inxustizas en que se apoia o poder inspirado polo «diaño». O reino de Deus non se impón, ofrécese con amor, só adorará ao Deus dos pobres, débiles e indefensos.

Nestes tempos de perda de poder social é tentador para a Igrexa tratar de recuperar o «poder e a gloria» doutros tempos pretendendo incluso un poder absoluto sobre a sociedade. Estamos perdendo unha oportunidade histórica de entrarmos por un camiño novo de servizo humilde e de acompañamento fraterno ao home e á muller de hoxe, tan necesitados de amor e de esperanza.

Na terceira tentación, Xesús renuncia a cumprir a súa misión recorrendo ao éxito fácil e a ostentación. Non será un Mesías triunfalista. Nunca poñerá a Deus ao servizo da súa vangloria. Estará entre os seus como o que serve.

Sempre será tentador para algúns utilizaren o espazo relixioso para buscar reputación, renome e prestixio. Poucas cousas son máis ridículas no seguimento a Xesús que a ostentación e a procura de honores. Fan dano á Igrexa e baléirana de verdade.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

14 Tempo Comum – C (Lucas 10,1-12.17-20)
30/ Jun/ 2025
14 Tempo ordinario – C (Luca 10,1-12.17-20)
30/ Jun/ 2025
14 Temps ordinaire – C (Luc 10,1-12.17-20)
30/ Jun/ 2025
14th Ordinary Sunday – C (Luke 10,1-12.17-20)
30/ Jun/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial