• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

14 Tempo ordinario – A (Mateu 11,25-30)

Evangelio del 5 / Jul / 2026
Publicado el 29/ Jun/ 2026
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

DEUS É PARA XENTE SINXELA

Foi hai moitos anos, en L’École Biblique de Xerusalén, un mestre de exexese iniciábanos na difícil arte de desentrañar o evanxeo de Mateo. Todo parecía pouco para captar o sentido último do texto: crítica textual, análise literaria, estrutura da pasaxe. Un día chegamos a eses versículos nos que Xesús exclama: «Douche grazas, Pai, Señor de ceo e terra, porque escondiches estas cousas aos sabios e entendidos e reveláchelas á xente sinxela». O profesor fixo un longo silencio. Despois díxonos moi amodo: «Non esquezan nunca estas palabras. Todo o demais pódeno esquecer». Foi probabelmente a mellor lección de exexese que recibín nunca. Logo, ao longo dos anos, puiden ver que é así.

Sempre que tiven a impresión de estar cabo dunha persoa próxima a Deus, foi alguén de corazón sinxelo. Ás veces unha persoa sen grandes coñecementos. Outras, alguén de notable cultura, pero sempre un home ou muller de alma humilde e limpa.

En máis dunha ocasión puiden comprobar que non basta falar de Deus para que esperte a fe. Para moita xente, certos conceptos relixiosos están moi gastados, e aínda que un trate de sacarlles todo o vigor e sabor que tiveron na súa orixe, Deus segue como «fosilizado» nas súas conciencias. Con todo, atopei xentes sinxelas que non parecen necesitar grandes ideas nin razoamentos. Intúen enseguida que Deus é «un Deus oculto», e do seu corazón nace espontaneamente unha invocación: «Señor, móstrame o teu rostro».

Atopei tamén persoas que se moven sempre no terreo do útil. Algunhas abandonan a Deus porque lles resulta perfectamente inútil; outras retéñeno e danlle culto porque lles serve. Tamén puiden coñecer a xentes sinxelas que viven dando grazas a Deus. Gozan do bo da vida, soportan con paciencia os males; saben vivir e facer vivir. Non sei como o logran, pero do seu corazón parecen estar sempre brotando loanzas ao Creador. A súa vida é un acerto.

Expuxen moitas veces temas relixiosos e falei de Deus ante xentes moi diversas. En ocasións atopei persoas que expuñan preguntas e máis preguntas sobre toda clase de cuestións teolóxicas, sen mostrar o menor interese por encontrarse con Deus. Pero vin tamén a xente sinxela cuxos ollos brillaban de forma especial cando eu lía textos como este do profeta Isaías: «Eu son o Señor, o teu Deus… Ti es de gran prezo aos meus ollos, es valioso e eu quéroche… Non temas, que estou contigo» (Isaías 43,4); ou cando pronunciaba o Salmo 103: «Como un pai sente tenrura polos seus fillos, así o Señor sente tenrura por quen lle teme. Pois el sabe de que estamos feitos, acórdase de que somos barro» (Salmo 103,13-14). Si, Deus revélase á xente sinxela.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

14 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 11,25-30)
29/ Jun/ 2026
14 Tempo ordinario – A (Matteo 11,25-30)
29/ Jun/ 2026
14 Temps ordinaire – A (Matthieu 11,25-30)
29/ Jun/ 2026
14th Ordinary Sunday – A (Matt 11,25-30)
29/ Jun/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial