• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

14 Tempo ordinario – C (Lc 10,1-12.17-20)

Evangelio del 07 / Jul / 2019
Publicado el 01/ Jul/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

A PAZ DE DEUS

De poucas palabras se leva abusado tanto coma da palabra «paz». Todos falamos de «paz», pero o significado deste termo ha ir cambiando profundamente afastándose cada vez máis do seu sentido bíblico. O seu uso interesado fixo da paz un termo ambiguo e problemático. Hoxe, polo xeral, as mensaxes de paz resultan bastante sospeitosas e non logran moita credibilidade.

Cando nas primeiras comunidades cristiás se fala de paz, non pensan en primeiro termo nunha vida máis tranquila e menos problemática, que descorra con certa orde por camiños dun maior progreso e benestar. Antes do que isto e na orixe de toda paz individual ou social está a convicción de que todos somos aceptados por Deus malia os nosos erros e contradicións, todos podemos vivir reconciliados e en amizade con el. Isto é o primeiro e decisivo: «Estamos en paz con Deus» (Romanos 5,1).

Esta paz non é só ausencia de conflitos, senón vida máis plena que nace da confianza total en Deus e afecta ao centro mesmo da persoa. Esta paz non depende só de circunstancias externas. É unha paz que abrolla no corazón, vai conquistando gradualmente a toda a persoa e desde ela esténdese aos demais.

Esa paz é un agasallo de Deus pero é tamén froito dun traballo non pequeno que pode prolongarse durante toda unha vida. Acoller a paz de Deus, gardala fielmente no corazón, mantela no medio dos conflitos e contaxiala aos demais esixe o esforzo apaixonante pero non fácil de unificar e enraizar a vida en Deus.

Esta paz non é unha compensación psicolóxica ante a falta de paz na sociedade; non é unha evasión pragmática que afasta dos problemas e conflitos; non se trata dun refuxio cómodo para persoas desenganadas ou escépticas ante unha paz social case «imposíbel». Se é verdadeira paz de Deus convértese no mellor estímulo para vivir traballando por unha convivencia pacífica feita entre todos e para o ben de todos.

Xesús pide aos seus discípulos que, ao anunciaren o reino de Deus, a súa primeira mensaxe sexa para ofreceren paz a todos: «Dicide primeiro: paz para esta casa». Se a paz é acollida, irase estendendo polas aldeas de Galilea. De non ser así, «volverase» de novo a eles, pero nunca ha quedar destruída no seu corazón, pois a paz é un agasallo de Deus.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Ascensão do Senhor – A (Mateus 28,16-20)
11/ May/ 2026
Ascensione del Signore – A (Matteo 28,16-20)
11/ May/ 2026
Ascension du Seigneur – A (Matthieu 28,16-20)
11/ May/ 2026
Ascension – A (Mattew 28,16-20)
11/ May/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial