• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

16 Tempo ordinario – C (Lucas 10,38-42)

Evangelio del 17/Jul/2016
Publicado el 11/ Jul/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

16-TONECESARIO E URXENTE

Mentres o grupo de discípulos segue o seu camiño, Xesús entra só nunha aldea e diríxese a unha casa onde atopa dúas irmás ás que quere moito. A presenza do seu amigo Xesús vai provocar nas mulleres dúas reaccións moi diferentes.

María, seguramente a irmá máis nova, déixao todo e fica «sentada aos pés do Señor». A súa única preocupación é escoitalo. O evanxelista descríbea cos trazos que caracterizan ao verdadeiro discípulo: aos pés do Mestre, atenta á súa voz, acollendo a súa Palabra e alimentándose do seu ensino.

A reacción de Marta é diferente. Desde que chegou Xesús, non fai senón desvivirse por acollelo e atendelo debidamente. Lucas descríbea angustiada por múltiples ocupacións. Desbordada pola situación e doída coa súa irmá, expón a súa queixa a Xesús: «Señor, non che importa que a miña irmá me teña deixado soa co servizo? Dille que me bote unha man».

Xesús non perde a paz. Responde a Marta cun agarimo grande, repetindo amodiño o seu nome; logo, faille ver que tamén a el lle preocupa a súa angustia, pero ha saber que escoitalo a el é tan esencial e necesario que a ningún discípulo se lle ha deixar sen a súa Palabra «Marta, Marta, andas inqueda e nerviosa con tantas cousas; só unha é necesaria. María escolleu a parte mellor e non lla quitarán».

Xesús non critica o servizo de Marta. Como o vai facer se el mesmo está ensinando a todos co seu exemplo a viviren acollendo, servindo e axudando aos demais? O que critica é o seu modo de traballar de xeito nervioso, baixo a presión de demasiadas ocupacións.

Xesús non contrapón a vida activa e a contemplativa, nin a escoita fiel da súa Palabra e o compromiso de vivir practicamente o seu estilo de entrega aos demais. Alerta máis ben do perigo de vivirmos absorbidos por un exceso de actividade, en axitación interior permanente, apagando en nós o Espírito, contaxiando nerviosismo e angustia máis do que paz e amor.

Apremados pola diminución de forzas, estámonos habituando a pedir aos cristiáns máis xenerosos toda clase de compromisos dentro e fóra da Igrexa. Se, ao mesmo tempo, non lles ofrecemos espazos e momentos para coñeceren a Xesús, escoitaren a súa Palabra e alimentárense do seu Evanxeo, corremos o risco de facermos crecer na Igrexa a axitación e o nerviosismo, pero non o seu Espírito e a súa paz. Podémonos atopar cunhas comunidades animadas por funcionarios angustiados, pero non por testemuñas que irradian o alento e vida do seu Mestre.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Una nueva oración para una nueva evangelización
22/ May/ 2025
6 Páscoa – C (João 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pascua – C (Juan 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pasqua – C (Giovanni 14,23-29)
19/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial