• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

17 Tempo ordinario – C (Lc 11,1-13)

Evangelio del 28 / Jul / 2019
Publicado el 22/ Jul/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

TRES CHAMADAS DE XESÚS

Eu dígovos: «Pedide e hásevos dar. Buscade e atoparedes. Chamade e abrirásevos». É fácil que Xesús pronunciase estas palabras cando se movía polas aldeas de Galilea pedindo algo para comer, buscando acollida e chamando á porta dos veciños. El sabía aproveitar as experiencias máis sinxelas da vida para espertar a confianza dos seus seguidores no Pai Bo de todos.

Curiosamente, en ningún momento se nos di o que habemos pedir ou buscar nin en que porta habemos petar. O importante para Xesús é a actitude. Ante o Pai habemos vivir como pobres que piden o que necesitan para viviren, como perdidos que buscan o camiño que non coñecen ben, como desvalidos que chaman á porta de Deus.

As tres chamadas de Xesús invítannos a espertar á confianza no Pai, pero faino con matices diferentes. Pedir. É a actitude propia do pobre. A Deus habemos pedirlle o que non nos podemos dar a nós mesmos: o alento da vida, o perdón, a paz interior, a salvación. Buscar, non é só pedir. É, ademais, dar pasos para conseguir o que non está ao noso alcance. Así temos buscar ante todo o reino de Deus e a súa xustiza: un mundo máis humano e digno para todos. «Chamar» é dar golpes á porta, insistir, gritarlle a Deus cando o sentimos lonxe.

A confianza de Xesús no Pai é absoluta. Quere que os seus seguidores non o esquezan nunca: o que pide, está recibindo; o que busca está atopando e ao que chama, ábreselle. Xesús non di que reciben concretamente os que están pedindo, que atopan o que andan buscando ou que alcanzan os que gritan. A súa promesa é outra: a quen confían nel Deus dáselles; quen acoden a el reciben «cousas boas».

Xesús non dá explicacións complicadas. Pon tres exemplos que poden entender os pais e as nais de todos os tempos. Que pai ou que nai, cando o fillo lle pide un boliño de pan, lle dá unha pedra de forma redonda como as que poden ver polos camiños? Ou se lle pide un peixe, lle vai dar unha desas cobras de auga que ás veces aparecen nas redes de pesca? Ou, se lle pide un ovo, lle dará un escorpión apelotado deses que se ven pola beira do lago?

Os pais non se burlan dos seus fillos. Non os enganan nin lles dan algo que poida facerlles dano senón «cousas boas». Xesús saca rapidamente a conclusión. «Canto máis o voso Pai do ceo dará o seu Espírito aos que llo pidan?». Para Xesús, o mellor que podemos pedir e recibir de Deus é o seu Alento, o seu Espírito, o seu Amor que sostén e salva a nosa vida.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial