• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

18 Tempo ordinario – B (Xoán 6,24-35)

Evangelio del 4 / Ago / 2024
Publicado el 29/ Jul/ 2024
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

NOSTALXIA DE ETERNIDADE

Cando observamos que os anos van deteriorando a nosa saúde e que tamén nós nos imos achegando ao final dos nosos días, algo se rebela no noso interior. Por que hai que morrer, se desde o fondo do noso ser algo nos di que estamos feitos para vivir?

A lembranza de que a nosa vida se vai gastando día a día sen deterse fai nacer en nós un sentimento de impotencia e pena. A vida debería ser máis fermosa para todos, máis gozosa, máis longa. No fondo, todos anhelamos unha vida feliz e eterna.

Sempre sentiu o ser humano nostalxia de eternidade. Aí están os poetas de todos os pobos cantando a fugacidade da vida, ou os grandes artistas tratando de deixar unha obra inmortal para a posteridade, ou sinxelamente os pais querendo perpetuarse nos seus fillos máis queridos.

Aparentemente, hoxe as cousas cambiaron. Os artistas afirman non pretender traballar para a inmortalidade, senón só para a época. A vida vai cambiando de maneira tan vertixinosa que aos pais cústalles recoñecérense nos seus fillos. Con todo, a nostalxia de eternidade segue viva, aínda que talvez se manifeste dunha maneira máis inxenua.

Hoxe téntase por todos os medios deter o tempo dando culto ao novo. O home moderno non cre na eternidade, e por iso mesmo esfórzase por eternizar un tempo privilexiado da súa vida actual. Non é difícil ver como o horror ao envellecemento e o desexo de agarrarse á mocidade levan ás veces a comportamentos próximos ao ridículo.

Ás veces faise burla dos crentes dicindo que, ante o temor á morte, inventan un ceo onde proxectan inconscientemente os seus desexos de eternidade. E apenas ninguén critica ese neorromanticismo moderno de quen busca inconscientemente instalarse nunha «eterna mocidade».

Cando o ser humano busca eternidade, non está a pensar establecerse na terra dunha maneira un pouco máis confortábel para prolongar a súa vida o máis posíbel? O que anhela non é perpetuar para sempre esa mestura de gozos e sufrimentos, éxitos e decepcións que xa coñece, senón atopar unha vida de calidade definitiva que responda plenamente á súa sede de felicidade.

O evanxeo convídanos a «traballarmos por un alimento que non perece, senón que perdura dando vida eterna». O crente preocúpase de alimentar o que hai nel de eterno, arraigando a súa vida nun Deus que vive para sempre e nun amor que é «máis forte do que a morte».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Espiritualidad en clave de amistad
17/ Abr/ 2026
3 Domingo da Páscoa – A (Lucas 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pasqua – A (Luca 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pâques – A (Luc 24,13-35)
13/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial